BENESTAR SOCIAL
O equipo de traballo do barrio de Vite acorda a posta en marcha de accións de reforzo educativo para menores e adultos
O salón de actos da Casa das Asociacións de Benestar Social acolleu unha nova xuntanza técnica do barrio de Vite. Contou coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao, acompañada pola xefa de sección de Servizos Sociais, Ángeles Botas.
PARQUES E XARDÍNS
Avanzan a bo ritmo as obras para recuperar a Finca do Espiño como parque público
A concelleira de Urbanismo e Sostibilidade, María Pardo, visitou a Finca de Espiño, onde continúan as obras para recuperar este espazo verde de 18.000 metros cadrados como parque público. As tres zonas nas que se dividirá o parque estarán dispoñibles para os cidadáns no verán de 2014.
CULTURA
Vinte e un artistas exhiben o seu proceso creativo en "O bosquexo do mundo", nova mostra no Auditorio de Galicia
Presentouse en rolda de prensa O bosquexo do mundo, unha exposición coproducida polo Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), o Auditorio de Galicia e a Fundación Luis Seoane (A Coruña). A mostra inaugúrase este xoves 10 de abril ás 20:00 horas, coa presenza dos comisarios e de varios dos artistas. Estará aberta ata febreiro de 2014.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Visitas guiadas para centros educativos á exposición "Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia"
O programa Compostela Cine Classics 2013 ten preparada unha interesante exposición que leva por título Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, que se poderá visitar no Centro Sociocultural das Fontiñas a partir do 5 ao 30 de novembro.
DEPORTES
Remata o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol-7 Senior Camiño de Santiago
Este xoves, 10 de outubro, remata o prazo de inscrición no I Torneo de Fútbo-7 Senior "Camiño de Santiago", que se celebrará o vindeiro 12 de outubro no Campo de Fútbol do Sergas (San Lázaro). A inscrición nesta competición, que conta coa colaboración da Concellería de Deportes, é gratuíta.