ALCALDÍA

O alcalde reitera a necesidade de "pechar filas" en torno a Medicina

26/03/2010

o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, insistiu en que a Universidade de Santiago debe avanzar en dúas dirección: a defensa da Facultade de Medicina e en seguir potenciando o seu perfil investigador. Neste sentido, referendou en rolda de prensa o apoio municipal á institución académica, "capital fundamental da cidade".

Leer más

CONSORCIO

O Programa ConCiencia trae de novo á cidade a catro líderes mundiais da ciencia

26/03/2010

Catro persoeiros da máxima relevancia científica no ámbito internacional visitarán en datas próximas a cidade de Compostela para participar na quinta edición do Programa ConCiencia, que organizan o Consorcio e a Universidade de Santiago. Trátase do Premio Nobel de Física 2007 Albert Fert, do Nobel de Química en 1996 Harold W. Kroto e do Nobel de Medicina en 1993 Richard J. Roberts. Falta confirmar o cuarto científico convidado, que visitaría Santiago logo do verán.

Leer más

TURISMO

A BBC escolle Santiago como referencia nunha serie sobre a gastronomía española

26/03/2010

A gastronomía galega está de moda. A televisión pública británica BBC grabará "Rick Stein’s Spain", unha serie de catro capítulos dunha hora de duración sobre a gastronomía española, onde os produtos e pratos galegos terán un lugar destacado. Por decisión do cociñeiro e condutor do programa, Rick Stein, a serie comezará e terminará con imaxes de Santiago de Compostela e da súa gastronomía. A rodaxe da BBC en Santiago conta coa colaboración da Santiago de...

Leer más

REHABILITACIÓN

Os concelleiros de rehabilitación das cidades acordan unha postura ante a proposta de financiamento para o Portelo Único

26/03/2010

A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, asistiu a unha xuntanza en Pontevedra na que se reuniron os responsables políticos das Oficinas de Rehabilitación de Vivenda das cidades de Pontevedra, Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e Vilagarcía de Arousa. A xuntanza tiña como obxectivo falar do borrador de convenio remitido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o financiamento das oficinas de rehabilitación (Portelo Único) que lles encomenda a xestión de todos os programas estatais...

Leer más
Compartir: