EMPREGO

Promoción Económica edita o segundo boletín sobre o mercado laboral de Santiago

19/05/2009

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Boletín sobre o mercado laboral de Santiago de Compostela. 2º semestre 2008. A publicación recolle, en catro apartados e 40 páxinas, as características da poboación activa e da poboación desempregada, os perfís de contratación, a actividade empresarial, a evolución do desemprego e os sectores de actividade con máis ofertas laborais.

Leer más

XUVENTUDE

Os alumnos do IES Rosalía de Castro asisten a unha xornada formativa sobre educación sexual e voluntariado

19/05/2009

O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, visitou o IES Rosalía de Castro para o coñecer o desenvolvemento do InformaXove’09. Trátase dunha experiencia piloto na que ao longo da mañá grupos de estudantes dese centro (ESO e Bacharelato) participan en catro sesións de traballo dirixidas por profesionais de colectivos con experiencia nestes contidos.

Leer más

DEPORTES

O concelleiro de Deportes agradece a implicación de organizadores, patrocinadores e concellos na Volta Ciclista da Ascensión

19/05/2009

O vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e o presidente do Club Ciclista Compostelano – Muebles Compostela, Nemesio López, presentaron os patrocinadores, maillots e trofeos da Volta Ciclista da Ascensión, que terá lugar do 21 ao 23 de maio para as categorías elite e sub-23. Tamén se deu a coñecer o portal electrónico da competición: www.voltaascension.com.

Leer más

CONSORCIO

Monográfico de Haydn no Auditorio de Galicia

19/05/2009

A Real Filharmonía de Galicia conmemora o segundo aniversario da morte de Haydn cun concerto monográfico do compositor vienés. Para a ocasión, a orquestra compostelá actuará baixo a batuta invitada de Juanjo Mena. O concerto celebrarase o mércores 20 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello aproba as normas para as cacharelas de 2009

19/05/2009

A Xunta de Goberno aprobou as normas de xestión dos permisos para as cacharelas de San Xoán. Estas mesmas normas faranse extensivas á celebración de cacharelas durante o mes de xuño, sexa a noite do 23 o calquera outro día. As solicitudes deberán presentarse antes das 14.00 horas do sábado 13 de xuño.

Leer más

FESTAS

Comezan as Festas da Ascensión co concerto de Los Delinqüentes no Campus Sur

19/05/2009

As Festas da Ascensión comezan o mércores 20 de maio cun programa de máis de 70 actividades que se estenderán ata o domingo-24 de maio. Serán cinco días de festa, frenéticos, con actividades a todas as horas do días. "Son unhas festas únicas, uns días pensados para que a xente de todas as idades poida gozar e vivir a Ascensión de Compostela, as festas da cidade", explica o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.

Leer más
Compartir: