BENESTAR SOCIAL

O Concello renova a súa colaboración con Cruz Vermella

13/10/2009

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou esta mañá un convenio de colaboración co presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Rufino Constantino Pérez Outes a través do cal o Concello de Santiago apoia á Cruz Vermella no desenvolvemento de diversos programas e actividades.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá o visto bo á elaboración do Plan de Mobilidade para Santiago

13/10/2009

O Concello comeza así a pór en marcha a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e como paso inicial acorda a creación dun grupo de traballo encargado de elaborar o prego de condicións. A Xunta de Goberno, ademais desta decisión, tomou otras como a aprobación da memoria-programa de actuacións de rehabilitación e reurbanización do Casco Histórico, Vista Alegre e Ponpedriña ou a adxudicación das obras de reurbanización da avenida de Castelao. Tamén se deu o visto bo a un...

Leer más

SERVIZOS BÁSICOS

O Concello premia un ano máis o bo uso do colector amarelo

13/10/2009

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 13 de outubro, aprobou a campaña de comunicación e as bases para o concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks que organiza a concellería de Servizos Básicos, dirixida pola concelleira Marta Álvarez-Santullano. Os premios consistirán en bonos de fin de semana para dúas persoas nun baleneario ou hotel SPA de catro estrelas.

Leer más
Compartir: