INFRAESTRUTURAS
O alcalde constata a boa disposición do ADIF respecto ao proxecto da estación do AVE
Xosé A. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción polo resultado da reunión mantida en Madrid, o luns 5 de febreiro, con representantes do Ministerio de Fomento, do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e de Política Territorial. O alcalde destacou que "estamos no bo camiño", xa que por primeira vez, o ADIF amosouse disposto abandonar o seu proxecto inicial de construír un gran centro comercial enriba da futura nova estación do AVE.
URBANISMO
Medio Ambiente remite o seu informe respecto o PXOM
A Consellería de Medio Ambiente remitirá o venres 9 o seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Santiago. Polas informacións que afirmou ter o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o pronunciamento será positivo e o departamento autonómico unicamente pedirá algunha aclaración.
URBANISMO
A dotación residencial da zona do Castiñeiriño increméntase con 382 novas vivendas
A Xunta de Goberno do luns 12 aprobará definitivamente o proxecto de urbanización do Sunp-14, denominado "Tras Paxonal", o que se construirán 382 novas vivendas, das cales 300 serán protexidas. Este novo espazo residencial sitúase tralo restaurante Paz Nogueira e en paralelo á Avenida de Santiago de Cuba.
ALCALDÍA
Compostela e A Toscana, unidos polas rotas xacobeas
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente do Consello Rexional da Toscana, Riccardo Nencini, que está de visita en Galicia.
EDUCACIÓN
Novos visitantes para a mostra "Plantando libros"
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolleu a visita dos alumnos do CEIP Colexiata de Sar e do Colexio M. Peleteiro á exposición "Plantando libros".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O recinto feiral de Amio acollerá un mercado de saldos
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou a convocatoria para que os comerciantes participen de forma gratuita en "Outlet Compostela", a primeira de saldos que se celebra en Santiago; e o microsite sobre o programa de dinamización comercial Marzo, mes do Comercio, no que está incluído o Outlet, e ao que se pode acceder dende a páxina da Concellaría www.maiscompostela.org.
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico presenta a Axenda Estratéxica 2007-2013
Os alcaldes dos 18 principais concellos de Galicia e o norte portugués celebran mañá en Vila Nova de Gaia a súa XXIII Asemblea Xeral. As infraestruturas e a Axenda Estratéxica a desenvolver nos próximos sete anos centrarán as sesións de traballo. Nesta xornada, ademais, o Eixo Atlántico cambiará a súa forma xurídica e converterase nunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a fórmula aconsellada pola UE.