EDUCACIÓN
O Concello cede dispositivos dixitais para que alumnado de Primaria poida rematar o curso sen dificultade
Co obxecto de que todo o alumnado de Primaria teña acceso ás clases en liña, así como recursos dixitais para poder rematar este curso escolar en condicións de equidade, o Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Educación, entregará a comezos da vindeira semana routers, tablets e tarxetas SIM para poder conectarse. "Con esta acción tentamos garantir que non haxa alumnado que por non dispor dos medios axeitados non vaia poder rematar o curso nas mesmas condicións que os seus compañeiros e...
XUNTA DE GOBERNO
Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas e República do Salvador serán rúas peonís esta fin de semana
A Xunta de Goberno aprobou este venres os plans de desescalada municipais en varias materias. Así, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou medidas como a peonalización de varias rúas do Ensanche, o incremento dos servizos no transporte urbano ou a recuperación do sistema de estacionamento da ORA.
ALCALDÍA
A Subdelegación do Goberno entrega 15.000 máscaras ao Concello
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, entregou ao Concello de Santiago 15.000 máscaras cirúrxicas. A entrega, na que estivo presente o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, tivo lugar na praza do Obradoiro. O rexedor agradeceu esta axuda que, sinalou, súmase "ás 10.000 unidades que o domingo pasado foron recollidas pola Policía Local" e que están sendo distribuídas no transporte público, incluído...
PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio lanza o primeiro vídeo da súa campaña promocional como destinos seguros e próximos
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade lanza hoxe o primeiro vídeo da campaña promocional dirixida ao mercado español. Trátase dun clip dun minuto, que presenta as 15 Cidades co selo da Unesco como destinos próximos e seguros e espazos de cultura, optimismo e reencontro, baixo as mensaxes "Ciudades Patrimonio Contigo", "Cidades Patrimonio Contigo" e "Ciutats Patrimoni Amb Tu".
CONSORCIO
A TVG emite a estrea televisiva da ópera galega "A amnesia de Clío", do compositor Fernando Buíde, o sábado 16 de maio
A segunda canle da TVG emitirá o sábado 16 de maio a estrea televisiva da ópera galega A amnesia de Clío, do compositor Fernando Buíde e texto do dramaturgo Fernando Epelde. Será ás 22:45 horas, no marco da programación especial do Día das Letras Galegas. Ao día seguinte, o domingo 17, haberá unha redifusión da ópera arredor da medianoite na primeira canle da TVG.
ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio solicita ao Goberno de España melloras na conectividade dos seus destinos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os outros 14 alcaldes e alcaldesas do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebraron hoxe unha reunión telemática coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, á que trasladaron a petición ao Goberno de España de que se mellore a conectividade ferroviaria, aérea e marítima para os destinos co selo da Unesco, e que se lance unha campaña de promoción turística específica, entre outras medidas.
ALCALDÍA
O alcalde e os edís de Turismo e Urbanismo reúnense coa Asociación Hostalería Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; e o responsable de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron un encontro a través de videoconferencia coa Asociación Hostalería Compostela. Ademais de tratar a actual situación na que se atopa o sector, o rexedor informounos de que, previsiblemente na Xunta de Goberno do vindeiro venres, se convocará unha liña de axudas ao pago de xuros á que se poderán acoller as empresas de hostelería e restauración.
TURISMO
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participa na xuntanza do grupo de traballo para o Xacobeo 2021
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou hoxe, por videoconferencia, na primeira reunión do grupo de traballo para o Xacobeo 2021, creada pola Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de replantexar as accións a desenvolver no Ano Santo, e adaptalas á saída da crise sanitaria provocada pola COVID-19. A xuntanza estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello pon en marcha o Plan Activa en Seguro para apoiar a autónomos e micropemes do sector servizos e da industria
O Concello de Santiago pon en marcha o Plan Activa en Seguro, co obxectivo de axudar a autónomos e micropemes do sector servizos e da industria durante o plan de transición cara a denominada nova normalidade". Ofrécense 15 prazas para a realización destes itinerarios. As inscricións poderán realizarse ata as 14:00 horas do 10 de maio na web do Cersia Empresa. Esta acción está incluída no Programa Marco de.../em>
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá continuidade ao expediente de contratación da obra da rúa dos Concheiros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta este luns dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Entre eles figurou o levantamento da suspensión e, en consecuencia, a continuidade do expediente de contratación da obra da rúa dos Concheiros, interrompido no seu día a raíz da declaración do estado de alarma.