ALCALDÍA
Moita música e obradoiros na apertura dunha nova edición de Ferradura Aberta
Un concerto da Banda Municipal de Música e outro de músicas do mundo a cargo do trío acústico Amecer deron inicio a Ferradura Aberta 2009. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tampouco quixo faltar a esta primeira xornada de actividades.
TURISMO
Unha tapa de papada de porco con cigaliña gaña o concurso "Santiago(é)Tapas"
A Papada de porco con cigaliña e limón do restaurante Tafona é a mellor tapa do 2009 en Santiago de Compostela, segundo o veredicto do xurado do II Concurso Santiago(é)Tapas, que pechou dúas semanas de intenso tapeo cunha gala de premios no Mercado de Abastos.
ALCALDÍA
Listo para a súa apertura o novo aparcadoiro do Hospital Clínico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa nova xerente do Hospital Clínico de Santiago, Rosa Bermejo. No encontro comunicoulle que xa se recibiu a autorización da Consellería de Medio Ambiente para abrir o novo aparcadoiro a carón do Hospital Clínico. Así, a previsión é abrilo definitivamente o sábado 18 de xullo.
CIRCULACIÓN VIARIA
Unha ordenanza pioneira en Galicia regulará as áreas de aparcamento para residentes
Unha nova ordenanza, que será levada ao Pleno do 30 de xullo, regulará o servizo de ordenación e regulamentación do aparcamento (ORA), nas prazas ordinarias e nas de reserva, así coma os diferentes réximes para a súa correcta utilización. A ordenanza é pioneira en Galicia nalgúns dos seus aspectos, especialmente nos relativos á reserva de prazas para os residentes.
XUNTA DE GOBERNO
Cambio de sentido nas rúas Vilagarcía, García Prieto e Sánchez Freire
A Xunta de Goberno aprobou a modificación do sentido da circulacións das rúas Vilagarcía, García Prieto en Sánchez Freire, actualmente en proceso de reurbanización no marco dos Fondos de Investimento Local. Tamén se adxudicou provisionalmente o servizo de elaboración o levantamento topográfico da Praza de Galicia e do seu aparcadoiro soterrado.
ALCALDÍA
Benvida do alcalde aos participantes nas "Aulas no Camiño"
O alcalde compostelán deulle a benvida a Santiago aos participantes nunha nova edición de Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción pola continuidade no tempo deste proxecto, que contribúe á difusión da Ruta Xacobea.
ALCALDÍA
Santiago, Lugo e A Coruña conformarán un "triángulo máxico" para impulsar o Patrimonio Mundial galego
O venres 17 de xullo, ás 10:30 horas, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, xuntarase na capela de Pedrafita do Cebreiro cos alcaldes de A Coruña, Javier Losada, e de Lugo, José López Orozco. Dende aquí emprenderán xuntos un tramo do camiño francés de cinco quilómetros que vai dende O Cebreiro ata o Hospital da Condesa, a onde está previsto que cheguen sobre as 12 do mediodía.
TURISMO
"Santiago(é)Tapas" remata con máis de 27.000 tapas consumidas
A segunda edición do Concurso de Tapas de Santiago, Santiago(é)Tapas, organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, rematou con máis de 27.000 tapas consumidas nos 50 estabelecementos participantes. Ademais, repartíronse máis de 8.000 Tapasportes para poder seguir as cinco rutas do concurso. Entre os usuarios do Tapasporte hai persoas de toda Galicia, das diferentes partes do Estado e de quince países: Canadá, Colombia, Chequia, Estados Unidos, Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, México,...
EDUCACIÓN
Cita para os rapaces na Alameda nunha nova edición de Ferradura Aberta
Ferradura Aberta 2009 congregará un ano máis aos composteláns máis novos nun espazo lúdico pensando especialmente para eles nestas datas de verán. O paseo da Ferradura da Alameda acollerá do 15 ao 29 de xullo un amplo programa de lecer composto por diversos obradoiros e espazos deportivos.
ALCALDÍA
O alcalde expresa a súa gratitude aos traballadores da edición local de "La Voz de Galicia" no seu 50 aniversario
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a Corporación municipal, recibiron no Salón Nobre de Raxoi aos integrantes da delegación de Santiago de La Voz de Galicia, cando se cumpren 50 anos da súa apertura. Encabezou a comitiva do xornal o presidente do seu Consello de Administración, Santiago Rey Fernández-Latorre.