BENESTAR SOCIAL
O edificio Cersia acolle unha nova xornada formativa contra a violencia de xénero
A concelleira María Castelao asistiu a unha nova xornada das charlas informativas que organiza a Área de Benestar Social enmarcadas no III Plan de Igualdade. Comezaron o pasado mes de abril e continuarán durante maio e xuño.
TURISMO
Os restaurantes gañadores de Tapéate Compostela promocionarán a gastronomía de Santiago en Xapón e Brasil
Máis de trinta restaurantes xa están inscritos para Tapéate Compostela, que terá lugar entre o 6 e o 21 de xuño baixo o lema "O Producto do Mercado". Os cociñeiros que elaboren a Mellor Tapa do Xurado e a Mellor tapa do Público participarán nas promocións de Turismo de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño e recupérao para uso cidadán
A voceira da Xunta de Goberno local, María Pardo, deu conta dos acordos adoptados na última sesión, entre os que salienta a aprobación do proxecto de rehabilitación da Finca do Espiño, no que se investirá 1.262.100 euros procedentes da execución do aval embargado á empresa Layetana.
MULLER E RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo para solicitar as subvencións para o fomento de actividades a prol da igualdade e do movemento asociativo de mulleres
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 89, do 13 de maio de 2014, publícanse as bases e convocatoria das subvencións da Área de Servizos Sociais do Concello de Santiago para o fomento de actividades a prol da igualdade e do movemento asociativo de mulleres para o ano 2014. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O prazo remata o día 2 de xuño de 2014.
EDUCACIÓN
O Departamento de Educación colabora na celebración do Día Internacional do Celíaco
O próximo 27 de maio, o Departamento de Educación en colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia, organizan un conxunto de actividades co obxectivo de contribuír á divulgación entre a comunidade escolar de Compostela desta enfermidade.
ALCALDÍA
A delegación xaponesa remata a súa estadía en Compostela co percorrido dun tramo do Camiño de Santiago
Os alcaldes de Tanabe e Compostela acompañados por prácticamente toda a delegación xaponesa da que forman parte una trintena de monxes budistas e sacerdotes xintoístas, realizaron hoxe un percorrido do tramo da Ruta Xacobea ao seu paso pola parroquia de Lavacolla. Con este simbólico percorrido duns 800 metros quixeron visualizar a unión entre o Camiño de Santiago e o de Kumano-Kodo, en Xapón, as dúas únicas rutas de peregrinación espiritual que están irmanadas e foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola...
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello inviste case un millón de euros no arranxo da avenida de Vilagarcía e tres viais máis
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou en rolda de prensa as actuacións que levará a cabo o Concello dentro do Plan DTC, subvencionado pola Deputación da Coruña con 750.000. Serán catro obras que supoñen un investimento total de un millón de euros.
FESTAS
O Concello de Santiago presenta o programa da Ascensión con propostas variadas e para todos os públicos
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou o programa das Festas da Ascensión 2014, que se celebrarán do 28 de maio ao 1 de xuño. Calamaro, Los Suaves ou Os Resentidos son algúns dos nomes protagonistas no musical dunhas festas que inclúen propostas para todos os públicos e que apostan polos grupos da cidade.
ALCALDÍA
Concentración silenciosa no Obradoiro en sinal de loito e condena polo asasinato de Isabel Carrasco
O Concello de Santiago gardou un minuto de silencio polo asasinato da presidenta da Diputación de León, Isabel Carrasco.
TURISMO
O alcalde de Tanabe convida ao alcalde de Santiago a visitar a cidade nipona para reforzar a unión entre ambas urbes
Os alcaldes renovaron o convenio de colaboración para a promoción conxunta das cidades e dos Camiños de Santiago e Tanabe. Ademais, a Catedral acolleu por primeira vez na súa historia unha actuación de monxes budistas e sacerdotes xintoístas, nun evento que amosou a apertura da cidade e da Catedral a outras culturas.