PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concurso de Novas Ideas Empresariais recibe 52 solicitudes de participación de 27 proxectos
O Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2007 recibiu 52 solicitudes de participación procedentes de 27 proxectos empresariais. O volume de inscricións incrementouse un 62,9% respecto á edición do 2006, á que se presentaron 17 proxectos. O obxectivo do certame que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, é estimular e apoiar a persoas que teñen unha idea de negocio, facilitándolles a posta en marcha do proxecto empresarial. O prazo de presentación de...
CONSORCIO
Finaliza a restauración do Cristo de San Paio
A talla do Cristo de San Paio, que data do século XVII, resultou gravemente danada a consecuencia dun incendio provocado por descoñecidos en setembro de 2006. O Consorcio asumiu o custe da restauración, que rondou os 19.000 euros, e que foi moi laboriosa, xa que a imaxe resultou moi afectada polo lume. O traballo levouno a cabo a empresa Alfa Arterestauración.
FESTAS
Julieta Venegas pechou en Compostela a súa xira española
A cantante mexicana Julieta Venegas ofreceu na praza da Quintana o concerto co que pechou a súa xira española. Antes, a artista presentara a actuación en Raxoi. Alí foi recibida polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e despois atendeu aos medios acompañada polo concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, e por unha representante da Fundación Caixa Galicia, Ana Salgado.
TURISMO
Turismo continúa o diálogo cos operadores aéreos nacionais
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou a celebración en breve de varias entrevistas cos responsables de Iberia, Spanair e Air Europa. O obxectivo das xuntanzas é coñecer os plans desas compañías para o aeroporto de Lavacolla e transmitirlles datos sobre a capacidade de crecemento do aeródromo local en materia de conexións estatais directas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
María Debén e Xosé Manuel Iglesias asinan as bases de selección de persoal do Obradoiro Compostela Natural
A Delegada da Consellería de Traballo na provincia de A Coruña, María Debén, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asinaron na cidade herculina as bases para a constitución da Comisión Mixta de selección de persoal e selección de alumnos do Obradoiro de Emprego Compostela Natural. Esta comisión estará formada por dous membros do persoal do Concello de Santiago e dous membros do persoal da Consellería de Traballo.
CONSORCIO
O Consorcio habilita case cinco millóns de euros para a reforma do edificio do Banco de España e a construción do Museo de Historia Natural
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago aprobou unha modificación de crédito pola que se habilitan 4.300.000 euros, que se engaden aos 660.000 xa previstos anteriormente, para a reforma do edificio do antigo Banco de España e a construción do Museo de Historia Natural (Finca Vista Alegre).
CULTURA
O Festiclown confirma en 2007 a súa dimensión cada vez máis internacional
Chega unha nova edición do Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown 2007, que nesta edición celébrase do 30 de xullo ao 5 de agosto. Un ano máis, o certame trae o mellor do clown internacional e convértese, coas súas diversas actividades, nunha invitación ao divertimento permanente nas rúas e espazos de Compostela.
TURISMO
O Chef Kumalé visita Santiago de Compostela
Turismo de Santiago, a través da Oficina Española de Turismo de Milán, e coa colaboración de Turgalicia, organiza a visita do Chef Kumalé a Santiago de Compostela, onde permanecerá entre o sábado 21 e o mércores 25 de xullo.
DEPORTES
Aberto o prazo de presentación de traballos para o certame literario "Os soños xogan no Camiño"
A Compostela Cup do Camiño 2007, torneo internacional organizado pola Fundación Compostela Deporte, ten aberto ata o 30 de setembro, o prazo de presentación de traballos para o certame literario "Os soños xogan no Camiño". Está destinado a que os participantes no torneo conten as súas experiencias no mesmo.
COMERCIO
A Concellaría de Comercio non repetirá o programa piloto "Comercio compostelán, para mercar e xogar"
A Concellaría de Comercio non repetirá o programa piloto "Comercio compostelán, para mercar e xogar", incluído no Plan de Excelencia Comercial, ante os baixos resultados acadados o ano pasado e a falta de participación no mesmo das asociacións de comerciantes.