SEGURIDADE E MOBILIDADE
Comezan as obras de reurbanización das rúas Basquiños e Pastoriza, con reordenación do tráfico e do transporte urbano
Con motivo do inicio o próximo luns, 18 de agosto, a partir das 9:00 horas, das obras de reurbanización das rúas Basquiños e Pastoriza, o tramo comprendido entre a praza da Paz e a rúa de Coimbra quedará cortado ao tráfico, con algunhas excepcións.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán analizou co presidente da Cámara de Comercio os proxectos estratéxicos da cidade
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, reuniuse co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. No encontro falaron sobre diversos temas que afectan á cidade en materia de infraestruturas.
ALCALDÍA
O Concello devolve o proxecto de Galeras e ordena a reposición da parte do parque público agora valada
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, anunciou que o Concello devolverá o proxecto para a modificación de veiros e reforma de accesos ao estacionamento nas rúas Galeras e Domingo García-Sabell. Tamén se deu orde para que se retiren os valos actuais e se deixe a parte de parque público agora acoutado nas condicións nas que estaba anteriormente. Esta decisión comunicaralla persoalmente aos representantes veciñais da zona afectada nunha reunión a vindeira semana.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local autoriza a obra da estación de autobuses e aproba as reformas da rúa da Cañoteira e da avenida de Vilagarcía
O alcalde compostelán e voceiro da Xunta de Goberno, Agustín Hernández, deu conta dos asuntos tratados na última sesión, entre os que figuraron tres importantes proxectos de infraestruturas, que van supoñer un investimento de 1,1 millóns de euros para mellora de dúas rúas da cidade e da estación de autobuses. Segundo indicou, na últimas seis Xuntas do novo Goberno, "as decisións adoptadas, tanto en convenios autorizados como en proxectos e obras aprobados, supoñen a mobilización de case 10...
XUNTA DE GOBERNO
Publicadas as listas de admitidos e excluídos nos servizos de comedor e de madrugadores
A Xunta de Goberno aprobou as listas de admitidos e excluídos nos servizos de comedor e de madrugadores da rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello para o curso 2014-2015. O servizo volverá funcionar en nove centros: Apóstolo Santiago, Ramón Cabanillas, Cardeal Quiroga Palacios, Roxos-Villestro, Monte dos Postes, Mestre Rodríguez Xixirei, Fontiñas, Vite I e Raíña Fabiola.
EDUCACIÓN
María José Corral asiste á clausura do campamento urbano de Don Bosco
A concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, asistiu ao acto de clausura das actividades do campamento urbano do Centro Xuvenil Don Bosco, no que participaron uns 100 rapaces de Santiago de Compostela, dentro das actividades de conciliación que se ofrecen ás familias neste período estival e nas que colabora o Concello de Santiago.
CULTURA
A compañía galega Kote Malabar presenta "Cikote" en Verán na Rúa
Verán na rúa continúa a ofrecer unha variada oferta dirixida a todo o público, que só se ten que preocupar de coller un bo sitio para ver os espectáculos. Este luns 18, ás 19:30 horas, na praza de San Martiño Pinario, tócalle a vez á compañía Galega Kote Malabar.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no XXV Rali Teresa Herrera de vehículos históricos
O XXV Rali Teresa Herrera de vehículos históricos tivo parada en Santiago de Compostela. Os coches permaneceron expostos na praza do Obradoiro antes de partir de novo cara o punto de saída, a cidade da Coruña. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, recibiu os organizadores e participantes no Pazo de Raxoi.
ALCALDÍA
O alcalde transmítelle aos empresarios do Tambre o compromiso de Fomento de licitar a duplicación da ponte de acceso este ano
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, encabezada polo seu presidente, Jesús Chenel. No encontro, celebrado na sede da asociación empresarial, abordaron cuestións como a variante de Aradas ou a duplicación da ponte de acceso a esta área, onde traballan máis de 6.000 persoas e que é o principal polo de atracción industrial da bisbarra.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello achega 7.300 euros á Asociación de Persoas Xordas de Santiago para o servizo de interpretación de lingua de signos
A concelleira de Servizos Sociais, María José Corral, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, José Antonio Pais, asinaron esta mañá un convenio de colaboración en virtude do cal o Concello achega á esta entidade social 7.300 euros para a prestación dun servizo de interpretación linguaxe de signos. Este acordo forma parte dos 29 convenios que o Concello de Santiago asina con entidades sociais da cidade, por un importe de case 386.877 euros.