CENTROS SOCIOCULTURAIS
A nova exposición no centro sociocultural das Fontiñas mistura acuarela e pigmentos naturais
O sábado 12 ás 19 horas inagúrase a mostra de acuarelas "As cores da Terra", de José Caballo, que estará no centro sociocultural das Fontiñas ata o 22 de novembro.
CULTURA
A Banda Municipal de Música estrea pezas do musical "Chess"
As pezas musicais que se estrean neste concerto a Banda Municipal de Musica son do musical "Chess" composto por Benny Andersson, Bjorn Ulvaeus, do grupo sueco ABBA, mentres que a lírica foi obra de Tim Rice, que xa escribira a letra para os musicais de Lloyd Webber "Jesucristo Superstar" e "Evita".
CULTURA
A segunda edición do Compos Jazz traerá a Lee Konitz ao Auditorio
O mítico saxofonista, que traballou xunto a Miles Davis durante dous anos, abrirá o 18 de novembro o Compos Jazz Festival 2005, que por segundo ano consecutivo pón en marcha a concellería de Cultura en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e co club de jazz Dado Dadá.
MEDIO AMBIENTE
Ábrese o prazo para solicitar composteiros de uso domiciliarios
O Concello distribuirá un total de setenta e cinco composteiros –estruturas de madeira ou plástico onde se depositan os residuos orgánicos para transformalos en compost-, ademais de ofrecer asesoramento técnico sobre a viabilidade e as posibilidades deste sistema.
TURISMO
Santiago intensifica a súa promoción no mercado británico e alemán
Londres, Frankfurt e Berlín serán escenario da intensa semana de promoción turística que emprende a empresa municipal de turismo para ‘vender’ á cidade como destino cultural, profesional e de aprendizaxe ante mercados que agora contan con enlaces aéreos directos cara ao aeroporto de Lavacolla.
ALCALDÍA
Bugallo inaugura o Salón do Vehículo de Ocasión e Importación
A Asociación Provincial de Talleres de Reparación organiza esta mostra, que estará aberta ata o domingo 13 de novembro.
LINGUA
Un obradoiro ensinará estratexias comunicativas para atender aos clientes
A Concellaría de Política lingüística organiza e ofrece aos comerciantes obradoiros de estratexias comunicativas para a atención ao público, cos que se pretende contribuír a eliminar os prexuízos que existen sobre a lingua galega e, consecuentemente, ampliar o seu uso na atención á clientela.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As esculturas pequenas de Fran Lareo, nos centros socioculturais composteláns
"Ideas en pequeno" é o nome da mostra de escultura en pequeno formato que Fran Lareo exporá no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Á inauguración, que será o xoves 10 de novembro ás 20 horas, acudirá a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón.
EMPREGO
A Concellaría de Emprego abre o prazo de inscripción para seis cursos
A Concellaría de Promoción Económica, Comercio, Mercados e Emprego oferta 90 prazas en seis cursos gratuitos dirixidos a persoas empregadas que queiran mellorar a súa capacitación laboral. Os cursos están centrados no ámbito da atención a persoas maiores, un ámbito no que existe unha demanda de traballadares na cidade, segundo un estudo recente do Observatorio Local de Economía e Emprego da Oficina de Promoción Económica.
EIXO ATLÁNTICO
Touriño apoiará ao Eixo na petición do AVE Vigo-Porto ao estado
O titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, presionará ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para que teña presente a construción dunha liña do AVE entre A Coruña e Porto porque é "vital para Galicia e o norte de Portugal", manifestou.