POLÍTICAS SOCIAIS
A terceira edición de Compostela + Solidaria ofrece 20 días de accións para "mudar o mundo"
O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a terceira edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización que se levará a cabo do 25 de maio ao 15 de xuño en distintos espazos da cidade. Ao longo de 20 días programaranse obradoiros, charlas, xogos, exposicións, proxeccións e unha Feira Solidaria coa que a cidadanía compostelá terá a oportunidade de coñecer de que forma pode "mudar o mundo" dende o seu día a día. Tamén, de...
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1997
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu o profesor Stanley B. Prusiner, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina 1997, que está na cidade no marco do programa ConCiencia, promovido pola USC e o Consorcio de Santiago. O científico asinou no Libro de Honra.
PATRIMONIO
Últimos días para participar no II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as
O venres 1 de xuño remata o prazo para participar no II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as "A miña cidade é patrimonio de todos", que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este programa enmárcase na celebración ao longo deste 2018 do 25 aniversario da constitución do Grupo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Certame de Danza Intercentros leva un ano máis a escena o traballo escolar nesta disciplina
A Concellaría de Educación e Cidadanía organiza o XIII Certame de Danza Intercentros, Compostela en Danza, que se celebrará o domingo 27 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais de entre 5 e 14 anos ofrece un concerto este sábado no centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) préstalle unha atención especial á formación musical dos máis pequenos. Este ano académico celebrouse unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín e violoncello. Búscase así que as xeracións máis novas de músicos teñan a oportunidade de mellorar os seus coñecementos e a práctica en relación a estes instrumentos.
TURISMO
Turismo de Santiago e Turgalicia contarán cunha nova oficina no aeroporto Rosalía de Castro
O aeroporto Rosalía de Castro-Santiago de Compostela-Lavacolla acolleu esta mañá a sinatura dun convenio entre Concello, Xunta e Aena para a cesión dun espazo no aeroporto no que se situará unha nova oficina de turismo, compartida entre Turismo de Galicia e Turismo de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os empregados e empregadas municipais no día de Santa Rita, a súa patroa
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os empregados e empregadas municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.
OBRAS E FACENDA
Rematada a pasarela cuberta de Lamas de Abade, vinculada aos Orzamentos Participativos
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitaron esta mañá dúas das actuacións executadas con cargo aos Orzamentos Participativos Compostela Decide correspondentes a 2017. Os edís achegáronse a Lamas de Abade, onde se construíu unha pasarela cuberta para comunicar o CEIP co CIFP Compostela; e á parroquia de Marrozos, onde se ampliou o campo da festa.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Conclúen as representacións da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este martes no Teatro Principal á última sesión da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros, que se veu celebrando durante este mes de maio.
CONVIVENCIA
A Policía Local realizou 4.755 controis do uso do cinto de seguridade e dos SRI durante a pasada semana, co resultado de 40 infraccións
Do 14 ao 18 de maio, a Policía Local realizou controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). En total, efectuáronse 4.755 vehículos, cun resultado de 40 infraccións.