ALCALDÍA
O alcalde quere que a organización da Copa Davis sexa "un proxecto de toda a cidade"
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, sostén que a organización da semifinal da Copa Davis "só pode traer resultados positivos para cidade". Así o indicou na presentación aos medios de comunicación da candidatura de Santiago de Compostela a ser sede desta competición internacional entre España e Francia que se celebrará os días 16, 17 e 18 de setembro.
FESTAS
Luz Casal encheu de paixón a Quintana
A praza da Quintana encheuse para escoitar a Luz Casal, nun dos concertos máis agardados das Festas do Apóstolo. Antes, 37 coches antigos e os seus caracterizados ocupantes percorreron as rúas de Compostela.
DEPORTES
Santiago de Compostela, candidata a sede da semifinal da Copa Davis
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e o presidente do Comité Técnico da Federación Galega de Tenis, Pedro Sánchez Romay, presentarán esta tarde oficialmente en Montjuic (Barcelona), na sede da Federación Española de Tenis, a candidatura de Santiago para ser sede da semifinal da Copa Davis, que España xogará contra Francia os días 16,17 e 18 de setembro.
ALCALDÍA
Prestixiosos arquitectos debaten en Compostela sobre a cidade contemporánea
O Instituto Compostela Arquitectura deu comezo á segunda edición do seu curso de verán internacional, que se desenvolve entre o 18 de xullo e o 5 de agosto. No marco do mesmo, estanse dando cita en Santiago importantes arquitectos internacionais, como Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasma ou Alvaro Siza.
TURISMO
Toma de posesión dos novos membros do Consello de Administración de Incolsa
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roda, presidiu no Pazo de Raxoi o Consello de Administración de Incolsa. Na reunión tomaron posesión dos seus cargos os novos membros do Consello da empresa de promoción turística do Concello.
FESTAS
Alfonso González recomenda aos composteláns "camiñar en silencio" pola vida
O limpabotas do aeroporto de Lavacolla, Alfonso González Puentes, abriu unha nova edición das Festas do Apóstolo co seu pregón. Os composteláns e visitantes que se achegaron ata a praza do Obradoiro puideron escoitar as palabras dun home entrañable e namorado da cidade e do silencio. Logo, a festa continuou na Quintana coa música de La Unión e El Pulpo.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán asume a presidencia anual do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España
O alcalde compostelán recibiu en Raxoi a secretaria xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Sonsoles Guillén. O encontro serviu para que esta puxera ao día a Xerardo Conde Roa sobre as actividades do Grupo, do cal ostenta a presidencia o 1 de xullo.
FESTAS
O concerto de Cornelius 1960 trasládase do domingo 24 ao martes 26 de xullo
Por cuestións de axenda, o concerto de Cornelius 1960, incluído na programación das Festas do Apóstolo e previsto inicialmente para o domingo 24, trasládase ao martes 26 de xullo.
ALCALDÍA
O Concello aproveitará as inminentes obras da praza de Abastos para realizar os estudos do estacionamento subterráneo
As obras da praza de Abastos están a piques de comezar. Unicamente están pendentes do nomeamento, por parte do Ministerio de Fomento, dos directores de obra e de seguridade, segundo lle comunicou o delegado de Tragsa en Galicia, Álvaro Ansías, ao alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, nunha reunión celebrada en Raxoi.
ALCALDÍA
Compromiso municipal para axilizar as expropiacións dos terreos para o futuro Instituto de Ciencias do Patrimonio
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co coordinador do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, Uxío Labarta. No encontro falaron do estado actual do proxecto do futuro Instituto de Ciencias do Patrimonio, que se situará nas Brañas do Sar.