XUNTA DE GOBERNO
O Concello reduce a súa débeda bancaria en 6,4 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria celebrada este xoves, aprobou dous suplementos de crédito destinados á amortización de débeda bancaria. Estas operacións permitirán reducir a débeda en 6.434.602, 94 millóns de euros.
EDUCACIÓN
Educación adquirirá novo equipamento para as escolas infantís de Conxo e das Fontiñas
A Concellaría de Educación vén de recibir unha subvención de 12.117,36 euros da Xunta de Galicia para mellorar as infraestruturas e equipamentos das escolas infantís de Conxo e das Fontiñas. Esta axuda pública, que ascende a 12.117,36 está cofinanciada polo Goberno autonómico e, nun 80% (9.693,89 €), polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
Pleno infantil con motivo do Día Universal do Neno
Con motivo da celebración do Día Universal do Neno, a Concellaría de Políticas Sociais e Unicef organizaron un pleno infantil no que participaron nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP López Ferreiro. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu a sesión, na que tamén participaron as concelleiras de Educación, Noa Díaz, e de Políticas Sociais, Mila Castro; o concelleiro do PP José Antonio Constenla e os voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti...
IGUALDADE
Os obradoiros de mulleres do rural transfórmanse en pezas audiovisuais
O Centro Sociocultural de Enfesta acollerá mañá xoves 21, ás 20:00 horas, a proxección das pezas audiovisuais resultado dos talleres de apoderamento e de risoterapia que se imparten nas parroquias compostelás dende outubro, e que forman parte do programa Rural en Igualdade. A concelleira de Igualdade, Noa Díaz, amosou emocionada a súa "satisfacción polos bos resultados dos obradoiros", acompañada da monitora dos mesmos, Cruz Dafonte, e de varias das mulleres que asistiron a eles.
SAÚDE
Santiago acolle este venres e sábado as VI Xornadas Clínicas da Asociación de Psicanálise Aplicada
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, presentou as VI Xornadas Clínicas da Asociación de Psicanálise Aplicada (Gradiva), que se celebran o venres 22 e o sábado 23 no Gran Hotel Santiago. Na rolda tamén estiveron Santiago Parada Nieto, presidente de Gradiva; e Jesús Dapena Botero, coordinador das xornadas.
ALCALDÍA
Minuto de silencio polo taxista asasinado en Alcalá de Henares (Madrid)
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato dun taxista na madrugada deste mércores en Alcalá de Henares (Madrid).
ALCALDÍA
Entregado o Premio Internacional Pentafinium Xacobeo 2016-2017
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu en San Martiño Pinario ao acto de entrega do Premio Internacional Pentafinium Xacobeo 2016-2019, convocado pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
Catro novos nomes para rúas do ámbito da Amañecida
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou a designación de catro novas rúas do ámbito do SUNP-20 da Amañecida. As denominacións foron seleccionados da lista de nomes aprobada en Pleno.
ALCALDÍA
O alcalde asistiu á presentación da Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera
Para unir as diferentes asociacións locais galegas, expandir esta arte e difundir as súas confeccións constituíuse a Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera (FAGAARTE), que este mércores se presentou nun acto oficial no Hostal dos Reis Católicos. O acto contou coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Tomas Lindahl, Premio Nobel de Química 2015, que está a participar no Programa ConCiencia, organizado pola USC e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. O científico sueco asinou no Libro de Honra, nun acto no que tamén participaron os voceiros municipais do PP, Alejandro Sánchez-Brunete; de Compostela Aberta, Martiño Noriega; e do BNG, Goretti Sanmartín.