OBRAS E INFRAESTRUTURAS

Novas obras para "a mellor mobilidade posíbel na cidade"

16/06/2005

O concelleiro de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama, presentou un novo paquete de obras que responde á accesibilidade do medio físico nas rúas e que, segundo explicou, pretenden acadar "a mellor mobilidade posíbel na cidade".

Leer más

DEPORTES

FALLO DO IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DEPORTIVA

09/06/2005

Coa obra titulada "Velocidad I" José Vicente (Salamanca) foi o gañador da IX edición do Concurso de fotografía deportiva que organiza o Departamento de Deportes.

O fallo desta nova edición tivo lugar o xoves, 9 de xuño, como preámbulo do Día do Deporte que se celebrará o sábado, 11 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar onde serán expostas as 55 fotografías presentadas neste concurso

Leer más

TURISMO

O proxecto Atlante celebra un novo seminario en Porto

03/06/2005

Entre o 6 e o 8 de xuño, o proxecto europeo Atlante, que reúne ás cidades de Portugal e Galicia con declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO, celebra en Porto o seminario "Repensar as cidades: Novos tempos para as vellas cidades".

Leer más

EDUCACIÓN

O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza informa á comunidade educativa das prestacións que se poden aplicar a rapaces conflitivos

03/06/2005

O Consello Municipal de Educación do Concello de Santiago, órgano de representación da comunidade educativa de Compostela, celebrou o 2 de xuño unha sesión extraordinaria que tivo como tema principal a exposición do "Informe e propostas de actuación arredor das prestacións en beneficio da comunidade que se poden aplicar aos menores infractores consonte á Lei Orgánica 5/2000 de 12 de xaneiro, reguladora da Responsabilidade Penal dos Menores", a cargo do fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos...

Leer más
Compartir: