CULTURA

Implicate: noite de música e palabras solidarias

15/12/2005

O Auditorio de Galicia acolle o domingo. 18 de decembro, a partir das 20.00 horas o espectáculo "Implícate: noite de música e palabra solidaria" coa que se pretende dar a coñecer o traballo de "Implicados/as no desenvolvemento" (IND) e fortalecer o vínculo do mundo da cultura galega coa solidariedade feita desde Galiza.

Leer más

FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Granell acolle un espectáculo sobre o Quixote

14/12/2005

O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Para o Desenvolvemento Sen Fronteiras porá en escea textos de Miguel de Cervantes, Miguel de Unamuno e Rubén Darío o mércores 14 ás 17.30 horas no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell.

Leer más

CULTURA

Eduardo Estévez presenta os seus "Itinerarios"

14/12/2005

Dentro do ciclo "Poeta en Compostela", organizado pola Concellaría de Cultura e "El Correo Gallego", o escritor Eduardo Estévez presenta esta antoloxía, na que participaron poetas coma Antía Otero, Marta Dacosta, Estevo Creus, Celso Fernández Sanmartín, Baldo Ramos, María Lado, María do Cebreiro e Rafa Villar.

Leer más

REAL FILHARMONÍA

Manuel Valdivieso dirixe á Real Filharmonía nun concerto de sons sudamericanos

14/12/2005

O xoves 15 de decembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Manuel Valdivieso, interpretará un concerto con aires sudamericanos, no que se escoitarán as obras de Darius Milhaud, Saudades do Brasil (Suite); e de Astor Piazzola, Concerto para bandoneón "Aconcagua" e Tangos.

Leer más

CULTURA

O Festival de Zarzuela chega á súa quinta edición

14/12/2005

Dar a coñecer os diferentes estilos musicais e ofrecer altenativas culturais nun tempo propicio para o ocio, como é o Nadal, é o que se pretende dende a concellería de Cultura coa quinta edición do Festival de Zarzuela. Todos aqueles que se acheguen ata o Teatro Principal do 20 de decembro de 2005 ao 4 de xaneiro de 2006 para disfrutar dos diferentes concertos programados, non só poderán escoitar Zarzuela, senón que terán a oportunidade de achegarse á música mexicana, arxentina, ou mesmo á opera barroca.

Leer más
Compartir: