POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello destina 600.000 euros á convocatoria de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, deu conta hoxe da nova convocatoria de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para o vindeiro curso escolar. Estivo acompañada de Javier Maroño (técnico de xestión) e Ana Ares (traballadora social).
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o trámite de licitación das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas
A Xunta de Goberno vén de aprobar, nunha sesión extraordinaria celebrada esta semana, o inicio do procedemento de adxudicación das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas. A actuación suporá un investimento de máis de 250.000 euros.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este sábado dous concertos do seu alumnado no Auditorio do centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece mañá sábado, 25 de maio, un dobre concerto no Auditorio do centro. O primeiro, protagonizado pola orquestra de corda dos alumnos/as e profesores/as do Curso de Especialización Instrumental, comezará ás 12:00 horas. E ás 12:40 horas será a quenda dos rapaces e rapazas do Curso de Corda para Nenos/as. A entrada a estas dúas actuacións é libre ata completar o aforo.
POLÍTICAS SOCIAIS
Cesión a Abeiro e Arela de dous pisos nas Fontiñas para desenvolver programas de apoio á infancia
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, anunciou este venres a cesión de dous pisos no barrio das Fontiñas a dúas entidades sociais que traballan a prol dos dereitos dos nenos e nenas: Abeiro e Arela. Xunto a ela deron conta dos proxectos que se desenvolverán en ditos inmobles os representantes de ambas entidades, Eva Ramos e Xulio Barreiro.
CENTROS CÍVICOS
Cambio de horarios en dous dos locais participantes nos Cantos de Taberna deste venres no Ensanche
O ciclo de Cantos de Taberna chega este venres 24 de maio ao Ensanche, cun obradoiro e cun percorrido por varios locais hostaleiros. O percorrido sufriu un cambio de horarios entre dous dos locais previstos para as 21:45 e as 22:30 horas. Así o Café D.J. e a Cervexería Sole mudan a orde das súas actuacións.
MOBILIDADE
A veciñanza da cidade histórica poderá solicitar a tarxeta de residentes a partir do próximo luns, tras a entrada en vigor da nova ordenanza da ORA
A partir do luns, a veciñanza da cidade histórica poderá solicitar as tarxetas que lle permitirán estacionar na zona ORA en calidade de residentes, mesmo aquelas persoas que viven en zonas peonís ou con aparcamento restrinxido. Trátase dunha das principais novidades da modificación da ordenanza da ORA, que entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
O alumnado do IES Xelmírez I axardina o exterior do centro escolar coa colaboración do Concello
O alumnado do IES Xelmírez I está a axardinar o exterior do centro, grazas á colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia. O alcalde, Martiño Noriega, e o edil de Medio Ambiente, Xan Duro, visitaron hoxe o centro.
MEDIO AMBIENTE
A Tropa Verde suma novos comercios colaboradores
O proxecto Tropa Verde, impulsado pola empresa Teimas Desenvolvemento en colaboración co Concello de Santiago e Urbaser, continúa incentivando as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns composteláns e compostelás comprometidos. Cada vez que unha persoa acode a un centro habilitado como entidade colaboradora a entregar residuos, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos. Agora súmanse ao proxecto os establecementos de venda de...
TURISMO
O recinto feiral de Amio acolle durante a fin de semana o IV Salón do Vehículo de Ocasión
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu conta hoxe da cuarta edición do Salón do Vehículo de Ocasión, que terá lugar entre os días 24 e 26 de maio no recinto feiral de Amio. Na rolda estivo acompañada da xerenta do Palacio de Congresos, Belén Montero, e do organizador do evento, Fabián Saavedra.
COMERCIO
O "Barrio Xardín" arrinca este sábado coa I edición do Mercado das Flores
Este sábado 25 de maio quedará inaugurado o chamado "Barrio Xardín", a zona situada na contorna do Parlamento entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera. O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito. O programa "Barrio Xardín" desenvólvese no marco do programa Con B de...