ALCALDÍA

Prosperan as teses do Concello para evitar a execución da sentenza sobre o vieiro Clara Campoamor

22/02/2010

O pasado 15 de febreiro, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou un auto que estima o incidente de inexecución de sentenza promovido polo Concello de Santiago. Deste xeito, dálle a razón ao goberno municipal en relación coa sentenza de 14 de marzo de 2007 que anulou un dos expedientes de expropiación tramitados para a obtención dos terreos destinados ao vieiro Clara Campoamor (Sar-Pontepedriña).

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Nace a páxina web Compostela Integra, un espazo de encontro virtual para os profesionais da acción social

22/02/2010

Unha nova web, Compostela Integra, creada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, servirá de punto de encontro e relación dos diferentes profesionais que traballan na área de acción social do Concello de Santiago. Será tanto unha ferramenta de traballo interno entre os compoñentes das distintas redes como unha ponte de comunicación cara o exterior, para informar aos cidadáns sobre as accións que se realizan.

Leer más

FÓRUM GASTRONÓMICO

Os amantes da cociña déronse cita en Amio

21/02/2010

A xornada do domingo 21 foi a de apertura ao público en xeral do Fórum Gastronómico Santiago 2010 no recinto feiral de Amio. Malia a adversa climatoloxía, milleiros de persoas desprazáronse á sede do Fórum para gozar da oferta dos diversos expositores ou para participar nas actividades do día.

Leer más

TURISMO

Todo preparado en Amio para o Fórum Gastronómico Santiago 2010

19/02/2010

Tras o seu inicio o sábado 20 en espazos monumentais de Compostela, o Fórum Gastronómico Santiago 2010 trasladarase ao Recinto Feiral de Santiago, en Amio. Alí está todo preparado para que entre o domingo 21 e o mércores 24 de febreiro se desenvolva o congreso de cociña decano en Europa.

Leer más

XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude inicia a programación do Club de Rol do Ensanche

19/02/2010

A Concellaría de Xuventude inaugura o sábado 20 de febreiro, a programación do Club de Rol para os primeiros meses do ano (febreiro – xullo). Celebrarase un total de oito xornadas, os sábados en horario de mañá e tarde no Centro Sociocultural e Xuvenil municipal O Ensanche. A primeira delas, o Torneo Warhammer 40.000, comezará ás 11:00 horas no centro.

Leer más

ALCALDÍA

Os 33 proxectos do FEIL permitiron dar emprego a case 900 persoas

19/02/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, inauguraron as reurbanizacións acometidas con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) nas rúas Gómez Ulla, Pérez Constanti, Neira de Mosquera, Laverde Ruiz, Santiago de Guayaquil e Curros Enríquez. Nas obras destas seis rúas investíronse 2,4 millóns de euros dos 16,5 que lle corresponderon á cidade.

Leer más
Compartir: