ALCALDÍA
Santiago de Compostela sumouse á conmemoración do Día Internacional das Vítimas do Holocausto
A praza do Obradoiro acolleu minuto de silencio con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto. Cumpriuse así o acordo adoptado polo Pleno da Corporación municipal na súa sesión ordinaria do pasado 19 de xaneiro de 2017.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade en Irlanda, mercado que logrou novos máximos no 2016
Turismo de Santiago participa esta fin de semana na Holiday World Show, a principal feira turística do mercado irlandés, un mercado que está tendo un crecemento constante na cidade nos últimos anos, tanto en número de persoas que fan o Camiño de Santiago como en turistas que visitan a cidade para short breaks, aproveitando a conexión directa de Aer Lingus entre Santiago e Dublín.
BENESTAR ANIMAL
A Deputación da Coruña achega case 30.000 euros para o Refuxio de Animais
A concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, e o deputado provincial de Obras e Medio Ambiente, José Manuel Pequeño, asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a Deputación fai unha achega de 28.680 euros para cofinanciar os gastos da Fundación Refuxio de Animais.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Teatro Principal acolle a representación de "Goldi libre", unha obra documental sobre a insubmisión
A obra Goldi libre, un traballo de teatro documento sobre o movemento da insubmisión, chega mañá venres e o sábado 28 ao Teatro Principal. Hoxe presentouse a montaxe, nunha rolda de prensa na que participaron o seu protagonista, César Goldi; o director, Xesús Ron; e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios. Tamén interviñeron Modesto Toribio, insubmiso compostelán, e Lucía Oca, membro do grupo antimilitarista Mulleres de Negro.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
En marcha investimentos nas parroquias compostelás por case 300.000 euros
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe das actuacións executadas ou en marcha nas parroquias de Santiago, con cargo tanto a fondos municipais como ao programa PAS 2015 da Deputación da Coruña. En total, nas últimas semanas lévanse investidos no rural case 300.000 euros, que se suman aos máis de 500.000 xa executados con cargo ao POS 2015.
LINGUA
O alcalde entrega material didáctico en galego na Escola Infantil de Conxo
O alcalde visitou esta mañá a Escola Infantil Municipal de Conxo para entregar recursos educativos en galego, dentro do proxecto Apego, que pretende incentivar a transmisión da lingua ás novas xeracións.
TURISMO
Corenta expositores porán á venda unhas 30.000 pezas na IV Feira de Antigüidades
A concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou a IV Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, que se vai celebrar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia do venres 27 ao domingo 29 de xaneiro. Na rolda estivo acompañada polos seus organizadores, Ángel Moix e Mari Cruz Madrid.
ALCALDÍA
Asinado o convenio para o acondicionamento do campo de fútbol da USC
O alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, asinaron este mércores o acordo para o acondicionamento do campo de fútbol e rugby da USC. En virtude deste convenio, o Concello fará unha achega de 200.000 euros para esta obra, e a cambio, a Universidade comprométese a ampliar os horarios das instalacións deportivas e permitir o seu uso por parte dos equipos federados de Santiago.
CONSORCIO
Martiño Noriega presenta un libro sobre o histórico Banquete de Conxo
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora publican Os últimos carballos do Banquete de Conxo, unha visión orixinal e moi amena do xantar pola liderdade que tivo lugar en Conxo no ano 1856 e de onde sairían os promotores do Rexurdimento da cultura galega. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron, ademais dos autores, a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo...
CONSORCIO
O violista israelí Yuval Gotlibovich substituirá a Tasso Adamopoulos no concertos desta semana coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá dous concertos esta semana. O primeiro terá lugar este xoves 26 en Vigo, no Teatro Afundación, ás 20:30 horas. E o venres, a orquestra tocará na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas. En ambas actuacións levará a batuta o director francés Pierre Dumoussaud.