ALCALDÍA
Elena Espinosa visita a Casa do Concello
A ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, asinou o luns 19 de setembro no Libro de Ouro da Cidade.
MULLER
A inserción de prostitutas na sociedade, meta do programa Vagalume
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e José Montes, presidente de Cáritas Diocesana de Santiago, asinaron un convenio para poñer en marcha o programa Vagalume, que busca a inserción na sociedade de mulleres que se adican á prostitución. O Concello, que leva colaborando con esta institución varios anos, achega 20.000 euros.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
As Xornadas de Cultura Uruguaia traerán candombe e murgas a Compostela
As xornadas, abertas aos composteláns de todas as idades, inclúen conferencias, concertos, danza e unha mostra do folcklor uruguaio, achegando á sociedade galega unha mostra das diferentes facetas culturais de Uruguai. Están organizadas polo Consultado Xeral de Urugai, o Concello de Santiago e a Asociación de Uruguaios en Compostela.
ALCALDÍA
Ministros iberoamericanos de Agricultura reúnense en Santiago para falar da trazabilidade alimentaria
A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, xunto ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o viceministro de Agricultura e Gandería de Costa Rica, Walter Ruiz Valverde, inauguraron a VIII Conferencia Iberoamericana de Ministros de Agricultura, preparatoria dun cumio que reunirá a xefes de estado e de goberno en outubro en Salamanca.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de Centros Socioculturais celebra a segunda edición das Xornadas de baile popular e de salón
Por segundo ano consecutivo, a Rede de Centros Socioculturais promove unhas Xornadas de baile popular e de salón que, durante cinco días promocionarán diversas disciplinas danzísticas para atraer a novos públicos aos centros socioculturais e ás escolas de Santiago. O programa inclúe cursos intensivos de danza tradicional, técnica pilates, danza do ventre, capoeira, bailes de salón e danza moderna.
DEPORTES
Santiago celebrará o seu XVII Día da Bicicleta o domingo 25
O orzamento para a realización desta actividade, aprobado na pasada Xunta de Goberno do 19 de setembro, é de 6.600 euros.
CULTURA
A concellería de Cultura estrea web
O obxectivo do novo portal, é recoller toda a actividade da capitalidade cultural de Galiza.
ALCALDÍA
Bugallo defende en Cusco que o patrimonio é "un capital de futuro" no curso VIII Coloquio da OCPM
A intervención do alcalde compostelán, no marco do VIII Coloquio da Organización de Cidades Patrimonio Mundial, foi compartida polos asistentes, que consideran imprescindible a implicación dos Estados na preservación do patrimonio histórico.
TURISMO
A oficina municipal de Turismo sortea excursións no Día Internacional do Turismo
O martes 27 de setembro celébrase no mundo o Día Internacional do Turismo, ocasión que Turismo de Santiago aproveitará para ‘premiar’ aos visitantes da oficina central de información turística municipal cun sorteo de cinco excursións por Galicia, percorridos polo patrimonio universitario e folletos informativos.
EDUCACIÓN
Pedro Armas asegura que a educación "non é un problema económico"
O Delegado Provincial da Consellería de Educación, Pedro Armas Diéguez, reuniuse con Elvira Cienfuegos, concelleira de Educación e Mocidade do Concello de Santiago, para coñecer e falar sobre a realidade educativa da cidade.