DEPORTES
O luns 21 abre o prazo de inscrición nunha San Silvestre marcada polas medidas anti-COVID
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, que nesta ocasión terá só carácter federado e contará cun cupo de 300 prazas por mor das medidas sanitarias para a contención da pandemia. Tamén muda o escenario: será nos arredores do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o gran traballo de restauración realizado na Catedral de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou o gran traballo de restauración realizado na Catedral de Santiago. "É a primeira vez, dixo, que se aborda unha rehabilitación integral de todos os estilos arquitectónicos que coexisten, que conviven, dentro do templo compostelá", sinalou o rexedor.
COMERCIO
Escollidos os 15 establecementos finalistas do concurso de escaparatismo de Nadal
O xurado do concurso de escaparatismo elixiu onte os 15 establecementos finalistas e o vindeiro luns tomará a decisión definitiva. Hoxe venres ás 12.00 h ábrese a votación para os dous premios outorgados polo público, que se poderá realizar a través da páxina en Facebook do departamento de Comercio.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago destinará o vindeiro ano 600.000 euros á instalación dunha cuberta telescópica na piscina do Multiúsos Fontes do Sar
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ámbalas xuntanzas -que tiveron lugar de xeito semipresencial- estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tamén participaron, entre outros, os dous vicepresidentes do organismo: a subsecretaria do Ministerio de Facenda, Pilar Paneque, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. De cara ao cumprimento das esixencias...