MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Policía Local e Garda Civil realizaron 359 probas de alcoholemia e drogas na mañá do 1 de xaneiro, co resultado de 15 positivos
Continúa a colaboración entre a Policía Local e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Santiago de Compostela na realización de controis preventivos de alcoholemia e drogas. Nun dispositivo conxunto, desta vez axentes de ambos corpos realizaron 359 probas entre as 7:00 e as 12:00 horas do mércores 1 de xaneiro.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo amosa a súa satisfacción pola licitación do Orbital
O Consello de Ministros vén de dar luz verde á licitación do contrato de obras da nova ligazón Orbital de Santiago de Compostela entre a AP-9 (PK 64+500) coa A-54 (ligazón de San Marcos PK 91) e o aeroporto de Lavacolla.
ALCALDÍA
O Concello recorrerá ante o Supremo a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid sobre as estatuas do Mestre Mateo
Así o anunciou hoxe o alcalde da cidade tras falar co director da asesoría xurídica, Manuel Cutrín, e o avogado que está a representar ao Concello de Santiago neste proceso, Xaquín Monteagudo. A entidade municipal interporá antes do 20 de xaneiro, data na que remata o prazo, un recurso de casación ante o Tribunal Supremo ao considerar que hai "causa e caso".
SEGURIDADE CIDADÁ
Cinco novos axentes incorpóranse á Policía Local
Hoxe pola mañá foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e o xefe da Policía Local, José Ramón Silva.