MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local inspeccionou durante a pasada semana as condicións de 636 vehículos, dos que 41 presentaban algunha deficiencia
A Policía Local sumouse a pasada semana (do 20 ao 26 de xaneiro) a unha nova campaña impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Desta vez, realizáronse controis das condicións de 636 vehículos, dos cales 41 presentaban algún tipo de deficiencia, o que supón o 6,06% respecto ao total de vehículos inspeccionados.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este martes en Sant Joan Despí (Barcelona).
DEPORTES
A piscina de Santa Isabel acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Alevín de Inverno
Os vindeiros sábado e domingo, 1 e 2 de febreiro, a piscina municipal de Santa Isabel acollerá o Campionato Galego de Natación Alevín de Inverno, organizado polo CDN Cidade de Santiago e a Federación Galega de Natación. Participarán 29 clubs e 248 nadadores/as.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música programa máis de 20 concertos e actividades de febreiro a xuño
A concelleira de Educación, Noa Díaz, presentou esta mañá a programación da Escola Municipal de Música para o período comprendido entre os meses de febreiro e xuño. Acompañouno na rolda de prensa o director da Escola, Fernando Rey. Ambos deron conta dun calendario de actuacións que inclúe novos concertos didácticos e a participación en diversos actos.
XUNTA DE GOBERNO
Axustadas as anualidades do gasto do servizo de comedores escolares
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou un axuste na anualización do gasto previsto para financiar o servizo de comedor escolar para os centros educativos de Infantil e Primaria do Concello de Santiago.