XUNTA DE GOBERNO LOCAL
A Xunta de Goberno acorda presentar ante o Supremo recurso de casación para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo
O acordo foi aprobado na sesión desta mañá da Xunta de Goberno local, en base ao informe da Asesoría Xurídica. Este recurso de casación e un extraordinario por infracción procesal serán presentados antes do 23 deste mes de xaneiro, data na que remata o prazo.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao proxecto modificado da Finca do Espiño
A Xunta de Goberno local aprobou o devandito proxecto por importe de 1.460.000 euros. Entre outros asuntos, tamén se acordou a redacción dun novo prego para a implantación dun servizo de atención á infancia no espazo educativo e de lecer María Miramontes.
ALCALDÍA
O Goberno presenta aos grupos municipais o documento sobre actuacións urxentes no entorno da Catedral e nas zonas anexas da cidade histórica para o ano 2021
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, deron conta deste documento en rolda de prensa e trasladáronllo tamén aos grupos municipais.
ALCALDÍA
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido en Terrassa (Cataluña).