POLÍTICAS SOCIAIS E EDUCACIÓN
Inaugurado o piso cedido polo Concello para o programa CaixaProinfancia, da Asociación Arela
As concelleiras de Políticas Sociais, Mila Castro, e de Educación, Noa Díaz, asistiron hoxe á inauguración do local no que se desenvolverá o proxecto CaixaProinfancia, da Asociación Arela. Trátase dun piso, situado no barrio das Fontiñas, cedido polo Concello de Santiago despois da solicitude realizada pola entidade, ao non contar cun espazo físico para desenvolver o programa.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido en Puertollano (Ciudad Real).
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a ex senadora mexicana Mariana Gómez del Campo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a ex senadora mexicana Mariana Gómez del Campo.
FACENDA
O Goberno local presenta un orzamento de case 117 millóns de euros para 2020, con importantes subas en gasto social e investimento
A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, deu conta en rolda de prensa dos liñas fundamentais do orzamento do Goberno local para 2020, que ascende a case 117 millóns de euros e no que destacan o incremento do gasto social e dos investimentos. As contas entran agora na fase de negociación co resto de grupos municipais, co obxectivo de levalos a pleno no mes de febreiro.