COMERCIO
Sinatura de libros, concertos e recitais poéticos no II Mercado do Libro e da Artesanía da Festa do Banquete
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá os detalles do Mercado do Libro e a Artesanía, que terá lugar na praza Aurelio Aguirre (diante do Centro Cívico de Conxo) durante a fin de semana do 4 e 5 de maio.
ALCALDÍA
Unha mostra na Alameda divulgará a investigación da Rede Galabra da USC sobre prácticas culturais en Santiago de Compostela
O paseo da Ferradura acollerá, a partir do próximo venres, a exposición A cidade, o Camiño e nós, organizada pola Rede Galabra da Universidade de Santiago e o Concello compostelán. Trátase da primeira de catro mostras que teñen como obxectivo divulgar os resultados da investigación liderada pola USC, sobre as imaxes, as ideas, os discursos e as prácticas culturais construídas en relación a Compostela e aos Camiños de Santiago.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Comezaron no Principal as funcións do XXIV Certame de Teatro Intercentros
Este luns comezaron arrincaron as representacións do XXIV Certame de Teatro Intercentros, que se celebra no Teatro Principal entre o 29 de abril e o 22 de maio. Máis de 300 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato participan nesta edición do evento, organizado pola Concellaría de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música ofrece este sábado un concerto para a veciñanza na Finca Vista Alegre
O sábado 4 de maio, ás 12:00 horas, a Finca de Vista Alegre acollerá un concerto para a veciñanza organizado pola Escola Municipal de Mú-sica. Esta actuación ten por finalidade dar a coñecer o traballo desenvolvi-do polas diferentes agrupacións da EMM.