XUNTA DE GOBERNO
Un comité de expertos avaliará as ofertas para a reurbanización da rúa de Clara Campoamor
A Xunta de Goberno acordou este luns o nomeamento dun comité de expertos que se encargará de valorar as ofertas presentadas para a reurbanización da rúa de Clara Campoamor. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa confianza en que as obras desta vía, que dará acceso á futura intermodal, poidan comezar a principios de ano.
FESTAS
O Mercado da Estrela volve os días 20, 21 e 22 de decembro con máis actividades e nova localización en Cervantes
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou a oitava edición do Mercado da Estrela, que se celebrará na nosa cidade os días 20, 21 e 22 de decembro. Na rolda estivo acompañado da directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías, da empresa Correveydile; e da xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
TURISMO
O certame Santiago(é)Tapas celebrará a súa final do 6 ao 8 de decembro con 12 propostas a concurso
Un total de 12 tapas, dúas máis das inicialmente establecidas nas bases do concurso, competirán na gran final do XII Santiago(é)Tapas que se celebrará os días 6, 7 e 8 de decembro. Así o decidiu a organización en consenso co xurado profesional que percorreu os locais participantes, xa que había unha escasa diferenza de puntuacións entre varios candidatos, mostra do excelente nivel das propostas presentadas nesta edición.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio acolle este mércores unha nova edición da gala aRi[t]mar
O certame aRi(t)mar, promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, traerá este mércores 4 de decembro, ás 21:00 horas, ao Auditorio de Galiza ás gañadoras desta edició: Tanxugueiras, Os Azeitonas, Susana Aríns, Marta Chaves e Uxía, ademais da actuación Carlos Blanco. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
PRESIDENCIA
O Smartiago celebrou unha sesión informativa sobre a Consulta Preliminar ao Mercado para empresas e axentes de innovación
Máis de 80 empresas e axentes de innovación asistiron este luns ao taller informativo celebrado no edificio Cersia e no que se abordaron as características do proxecto Smartiago e dos tres retos propostos, que se presentaron na Xornada de lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado o pasado xoves 21 de decembro no Hostal dos Reis Católicos en Santiago.
PRESIDENCIA
Smartiago celebró una sesión informativa sobre la Consulta Preliminar al Mercado para empresas y agentes de innovación
Más de 80 empresas y agentes de innovación asistieron este lunes al taller informativo celebrado en el edificio Cersia y en el que se abordaron las características del proyecto Smartiago y de los tres retos propuestos, que se presentaron en la Jornada de lanzamiento de la Consulta Preliminar al Mercado el pasado jueves 21 de diciembre en el Hostal de los Reis Católicos en Santiago.