POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Strelia Electrotecnia, Numax e Cantigas e Agarimos, gañadoras da edición 2019 dos Premios Manuel Beiras
A XX edición dos Premios Manuel Beiras xa teñen gañadores: Strelia Electrotecnia, Numax e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, tal como se anunciou nunha rolda de prensa na que participaron Noa Díaz, concelleira de Políticas Lingüísticas, e Xavier Freire, vogal do Pleno da Cámara de Comercio. Os galardóns foron entregados nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e polo presidente da Cámara de Comercio, José Sierra.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as bases dos Premios Santiago Deporte 2019
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou as bases dos Premios Santiago Deporte 2019, que se entregarán nunha gala no primeiro trimestre de 2020. Entre outros asuntos, dos que dou conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, tamén se ratificaron as xustificacións de varios convenios asinados durante este exercicio e unha intervención nun muro da rúa da Divina Pastora.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes e para as novas actividades dos CSC de xaneiro a xuño de 2020
O Departamento de centros socioculturais informa que desde mañá martes 17 e ata o sábado 28 de decembro estará aberto o prazo de apuntamento para cubrir as prazas vacantes nas actividades regulares e participar nas novas previstas para o período comprendido entre xaneiro e xuño de 2020.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local realizou 834 probas de alcohol e drogas a pasada semana, cun resultado de 16 positivos
Durante a pasada semana, do 9 ao 15 de decembro, a Policía Local adheriuse á campaña de vixilancia e control da taxa de alcohol e outras drogas promovida pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os/as axentes realizaron 834 probas, cun resultado final de 16 positivos.
CONSORCIO
Jaime Martín ponse esta semana de novo á fronte da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O primeiro será o xoves 19 na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres 20, a orquestra desprazarase a Ferrol, onde tocará no Auditorio da cidade (tamén ás 20:30 horas), no marco da colaboración que a RFG mantén coa Sociedade Filharmónica Ferrolá.
CONSORCIO
O Consorcio destinará en 2020 máis de 1,8 millóns de euros a intervencións en monumentos da cidade e actividades de dinamización cultural
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ámbalas xuntanzas estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tamén participaron, entre outros, os dous vicepresidentes do organismo: a subsecretaria do Ministerio de Facenda, Pilar Paneque Sosa, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez González. Deuse a benvida ao novo interventor do Consorcio de Santiago, Juan Ramón...