XUNTA DE GOBERNO
O novo prego do contrato da auga estará ligado aos investimentos necesarios nas redes rural e urbana
A Xunta de Goberno Local deste luns aprobou a composición da Comisión da auga para o control da execución do contrato de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas. Este órgano, presidido pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, supervisará o contrato actual (xa extinguido na súa duración) e os pregos do novo contrato.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado 31 de outubro en Almería.
ALCALDÍA
Recoñecemento municipal ao Arteal Tenis de Mesa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu o Arteal Tenis de Mesa, que este pasado fin de semana disputou a terceira ronda da ETTU Cup fronte ao TTC Sokah Hoboken (Bélxica). No acto tamén participaron a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o voceiro de Compostela Aberta, Martiño Noriega.
EDUCACIÓN
As escolas infantís municipais celebraron o Samaín
O pasado xoves 31, a Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago celebrou a súa festa do Samaín. Os nenos e nenas das escolas de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío–Salgueiriños dedicaron a semana a realizar actividades relacionadas con esta celebración, decoraron cabazas, contaron contos de pantasmas…