POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela sumarase o 3 de decembro á celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou esta mañá a acción "Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade", que se celebrará o 3 decembro, ás 12:00 horas, na praza do Obradoiro, con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Acompañárona na rolda de prensa representantes das entidades implicadas nesta iniciativa: Down Compostela, Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), Acem (Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple),...
FESTAS
Un Nadal diverso, participativo e cheo de propostas lúdicas
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou un avance da programación do Nadal 2019. Será un calendario cheo de actividades para todos os públicos e que arrincará co acto de acendido do alumeado de Nadal o xoves 5 de decembro ás 19:00 horas.
TURISMO
Recta final do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, visitaron este venres o restaurante ACDC, na rúa do Franco, para facer un balance do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel, así como para animar a participar nos últimos días destes concursos e na final do certame de tapas prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.
EDUCACIÓN
Amplíase o prazo de inscrición no Programa de Conciliación de Nadal ata o 12 de decembro
Ata o xoves 12 de decembro permanecerá aberta a inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Nadal. Desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas.
ALCALDÍA
Sánchez Bugalllo presentou a Axenda Urbana da Eurorrexión a xestores/as de programas comunitarios de España, Portugal e Italia
O alcalde de Santiago participou na mesa redonda "Eixo Atlántico (Cross border Portugal-Spain Urban Agenda)", dentro da xornada "Sharing experiences for the future in Spain, Portugal and Italy". Xosé Sánchez Bugallo presentou a Axenda Urbana da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que as actuais regras de gasto para os concellos son "inxustas e negativas para a cidadanía"
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo participou hoxe na apertura da X Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), que, baixo o lema "O valor do poder local", se celebra no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.