ACCIÓN CULTURAL
O XIX Ciclo de Lied de Santiago abordará o tránsito vital do ser humano a través das composicións de Brahms, Schubert ou Schumann
O XIX Ciclo de Lied, organizado polo Concello de Santiago coa coordinación da Asociación de Amigos da Ópera de Compostela (ADOC) e a colaboración da Deputación da Coruña, terá tres concertos ao longo deste mes de setembro co tránsito vital do ser humano como fío condutor. Deste xeito, nos tres recitais ofreceranse composicións que xiran ao redor dos grandes temas universais: dende a mocidade á vellez, pasando polo amor, a soidade, a alegría ou a morte.
CENTROS CÍVICOS
Carrilanas, teatro e xogos populares na XXXII Semana Cultural de Conxo
O Centro Cívico de Conxo celebrará a súa Semana Cultural entre os días 11 e 15 de setembro. Será a edición número 32 desta iniciativa, que cada ano conta cunha gran participación da veciñanza.
ALCALDÍA
Santiago estuda asumir o reto lanzado por Greenpeace para converterse nunha cidade máis sostible
Santiago é unha das dez cidades escollidas por Greenpeace para poñer en marcha "unha revolución urbana que quere transformar as cidades en espazos máis sostibles e máis amigables". O alcalde reuniuse hoxe con representantes da organización ecoloxista para coñecer o reto, e para dar conta das iniciativas que xa se veñen desenvolvendo ao respecto. No caso de Compostela, as demandas realizadas por Greenpeace teñen que ver con dous temas concretos: a mobilidade e os hábitos de consumo.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no Congreso Internacional ASELE, que reúne na cidade a preto de 300 persoas
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta tarde a recepción aos participantes no XXIX Congreso Internacional de ensinanza de español como lingua estranxeira, que acolle a Facultade de Filoloxía da USC dende o 5 ao 7 de setembro.