IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron este martes vítimas mortais en Macarena (Granada), Bilbao e Castellón.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado de intercambio dos colexios Carl-Benz-Gymnasium Ladenburg (Alemaña) e Peleteiro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu o alumnado do Colexio Carl-Benz-Gymnasium Ladenburg (Alemaña) e do Colexio Manuel Peleteiro, co que realizan un intercambio escolar.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
José Luís Cordeiro e David Aguilar, na cuarta edición da Maker Faire Galicia
O transhumanista José Luís Cordeiro e o inventor da prótese Lego, David Aguilar, participarán na cuarta edición da Maker Faire Galicia, a maior feira de inventores do mundo, que este ano terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os días 23, 24 e 25 de novembro.
CONVIVENCIA
A Policía Local controlou as distracións ao volante en 1.440 vehículos durante a pasada semana, cun balance de 11 denuncias
A Policía Local participou durante a pasada semana nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Do 17 ao 23 de setembro, os/as axentes controlaron 1.440 vehículos, cun resultado de 11 denuncias (0,76%) por algún tipo de distracción ao volante.
FACENDA
Aberta a fase de votación dos Orzamentos Participativos 2019 cun total de 136 propostas
Rematado o proceso de avaliación técnica por parte dos distintos departamentos do Concello, este martes 25 de setembro pola tarde abriuse o proceso de votación coas 136 propostas que pasaron o filtro técnico. Tal e como explicou a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, en rolda de prensa, "as propostas que se desbotaron ou ben non eran competencia municipal, ou ben superaban o orzamento dispoñible ou non eran propostas de investimentos". A Mesa de Propostas, reunida hai uns días, ponderou as propostas segundo os...
MOCIDADE
Comeza o curso de formación "Voluntarios no audiovisual", un dos proxectos elixidos pola mocidade compostelá
O vindeiro venres 21 de setembro dará comezo, no Museo do Pobo Galego, o curso de formación Voluntarios no audiovisual. Terá un total de 30 horas de duración (18 de formación e 12 de traballo co guieiro realizado), e estenderase ao longo dos meses de setembro e outubro.
DEPORTE
Máis de 40 disciplinas deportivas e 11 colexios participantes na segunda edición da Festa do Deporte
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta esta mañá de todos os detalles da segunda Festa do Deporte, que se celebrará en varias localizacións de Compostela o venres 28, de 10:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 20:30 horas, e o sábado 29, de 10:30 a 14:30 horas. Na rolda estivo acompañada polo piloto de rallys, Luis Penido e por Alba Torres, xogadora do Victoria FC.
TURISMO
A Alameda acolle o "Rilla na rúa" do 27 ao 30 de setembro, con actividades para toda a familia e a mellor street food
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe unha nova proposta de lecer e gastronomía que terá lugar de xoves a domingo no paseo central da Alameda. Na rolda estivo acompañada do director de Radio Galicia, Mario Moreno, e de Iago Sánchez, director de eventos de Elemental Street.
EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL
A praza do Obradoiro acollerá unha exposición sobre embarcacións tradicionais de Galicia
Os edís de Educación e de Acción Cultural, Manuel Dios e Branca Novoneyra, deron conta hoxe de varias accións que se desenvolverán nas vindeiras semanas en torno ao coñecemento das embarcacións tradicionais galegas. Na rolda tamén estiveron Manuel García Sendón, presidente de Culturmar, e Pablo Carrera López, director da mostra.