XUNTA DE GOBERNO
Reiniciado o procedemento de adxudicación das obras do estacionamento disuasorio da Sionlla
A Xunta de Goberno acordou hoxe abrir o procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras do aparcadoiro provisional disuasorio da Sionlla. Retómase así unha actuación para a que xa fora contratada unha empresa no pasado mes de outubro, empresa que finalmente renunciou a executar os traballos.
ALCALDÍA
A segunda edición da SELIC encherá a Quintana de actividades arredor do libro do 1 ao 10 de xuño
Máis dunha trintena de expositores, entre editoras, librarías e institucións tomarán parte na segunda Semana do Libro de Compostela (SELIC), que se desenvolverá na praza da Quintana do venres 1 ao domingo 10 de xuño. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou esta mañá o programa de actividades nunha rolda de prensa que compartiu coa concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e con Carlos Valdés, membro da editora Irmás Cartoné e un dos representantes da Mesa do Libro de...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese a admisión na Escola Municipal de Música para o curso 2018-2019
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres os prazos de reserva de praza de alumnado actual, preinscrición e matrícula de novo alumnado na Escola Municipal de Música para o curso 2018-2019.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
En marcha a licitación do Programa de Conciliación de Verán, que ten aberta a inscrición ata o 31 de maio
Na Xunta de Goberno deste venres aprobáronse varias propostas relevantes da Concellería de Educación e Cidadanía. Unha delas é a apertura do procedemento de adxudicación do Programa de Conciliación de Verán, ao que se destinarán 73.340 euros, IVE incluído.