PATRIMONIO
Santiago, Ames e Teo impulsarán unha mancomunidade para a xestión do patrimonio rupestre do Val da Maía
O Concello de Ames acolleu a primeira xuntanza comarcal para impulsar a arte rupestre no Val da Maía. Participaron do encontro os responsables dos departamentos de Patrimonio dos concellos de Ames, David Santomil; Santiago de Compostela, Jorge Duarte; e Teo, Pilar Faxil, xunto co deputado provincial Xosé Regueira. A finalidade é constituír un plan comarcal de ámbito supramunicipal entre os tres concellos e solicitar financiamento á Deputación da Coruña, para o que se estableceu un calendario de xuntanzas entre todas as partes implicadas...
NADAL
Abren o Mercado de Nadal de Carreira do Conde, a pista de xeo da Alameda e o Belén de San Fiz
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitaron esta mañá tres dos puntos neurálxicos do Nadal de Compostela: o mercado de Carreira do Conde, a pista de xeo da Alameda e o Belén da igrexa de San Fiz. Os tres espazos abriron as súas portas esta mañá.