TURISMO
Turismo estrea unha aplicación para visitar Compostela accesible para persoas con discapacidade visual e auditiva
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou acompañada do presidente da Fundación Orange, Manuel Gimeno, e do director da empresa GVAM, Jaime Solano, unha nova aplicación móbil accesible para persoas con discapacidade visual e auditiva.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello asina seis novos convenios con entidades sociais por 85.000 euros
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, vén de asinar seis convenios con entidades sociais da cidade para o desenvolvemento de diversas actividades que teñen como obxectivo a inclusión social. As entidades beneficiarias son Acem, Aspanaes, Cociña Económica, Agadea, Médicos do Mundo e Escola de Tempo Libre don Bosco
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o embaixador da República de Chile, Francisco Marambio
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o embaixador da República de Chile, Francisco Marambio Vial.
ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS
Santiago recibirá dez millóns de euros de fondos europeos para a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado
Santiago vai recibir dez millóns de euros de fondos europeos FEDER para poñer en marcha as accións recollidas na súa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado, EDUSI. O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a resolución do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que sinala que Compostela será unha das cidades beneficiadas polo Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020, que repartirá en Galicia algo máis de 83 millóns de euros.
ACCIÓN CULTURAL
The Cosmic Dead, Celestial Bums e Siesta!, cabezas do cartel musical de Curtocircuíto
Este luns comezou unha nova edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, definida polo seu director Pela del Álamo como a "máis ambiciosa". Unha edición que pretende afondar nunha concepción multidisciplinar da programación, acompañando con música, obradoiros, live cinemas e outras actividades o programa de proxeccións audiovisuais.