TURISMO
O Mercado da Estrela amplía a súa oferta e celebra esta fin de semana a súa 4ª edición
Chega a cuarta edición do Mercado da Estrela, o festival do talento galego que se celebrará este sábado 12 e domingo 13 no Museo do Pobo Galego, a Zona C, a Praza 8 de Marzo e a Cantina Gourmet. Amosará un atractivo abano de agasallos de Nadal pertencentes a medio centenar de marcas galegas, unha variada programación lúdico-cultural de balde para todas as idades, e unha ampla oferta gastronómica nos seus dous espazos de restauración.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago comeza as obras no beirado da fachada do convento de San Paio
O Consorcio de Santiago comezou as obras no beirado da fachada do convento de San Paio de Antealtares, co fin de eliminar as humidades no interior do inmoble e as pingueiras na rúa. Os traballos, que se van executar no prazo de tres meses, teñen un orzamento global de 18.059,17 euros.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia acompaña esta semana ao coro de nenos da Catedral, que porá voz a obras de Nadal tan populares coma "O Crebanoces", de Chaikovski
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos no Auditorio de Galicia. O primeiro será este xoves, 10 de novembro, ás 21:00 horas. O venres, ás 18:30 horas, parte do concerto repetirase para o público máis novo e para as familias, no marco do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. Neste caso, as entradas custan 5 euros e cada menor de 14 anos recibirá dúas gratuítas se vai acompañado de dous adultos....
PLENO
O Pleno autoriza a dotación de novos vehículos para a Policía Local
O Pleno da corporación municipal autorizou este luns por unanimidade a dotación de nove novos vehículos para a Policía Local, a través do sistema de renting. A proposta da Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia tivo que ser sometida ao ditame da Corporación municipal porque o regulamento así o sinala cando un pagamento se vai facer en máis de catro anualidades.