EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Intensa fin de semana de actuacións da Escola Municipal de Música de Santiago
12/12/2015
Leer más
Nas xornadas de venres e sábado, a Escola Municipal de Música (EMM) sumouse ás actividades do Nadal con varios concertos especiais no Teatro Principal (venres) e no Centro Comercial As Cancelas (sábado). Para completar a programación de Nadal, a Escola colaborará coa Banda Municipal de Música no Concerto de Reis, que se celebrará o domingo 3 de xaneiro ás 12:30 horas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu en Raxoi os participantes nas xornadas "Cultura de Paz, Seguridade e Desarmamento"
12/12/2015
Leer más
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes nas xornadas Cultura de Paz, Seguridade e Desarmamento, organizadas polo Seminario Galego de Educación para a Paz. Encabezaba a delegación Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz e exdirector xeral da UNESCO, encargado da conferencia inaugural das xornadas.