XUNTA DE GOBERNO
A empresa ISS será a encargada do contrato de limpeza das dependecias do Concello
A xunta de goberno de hoxe ven de aprobar a cesión do contrato de limpeza das dependencias do Concello á empresa ISS, polo que se resolve definitivamente o conflito surxido arredor das condicións laborais dos empregados deste servizo.
XUNTA DE GOBERNO
Comenzan a principios de ano as obras da explanada para o campo da festa e pista polideportiva, e o parque público e parque infantil de Angrois.
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, informou hoxe en Xunta de Goberno da adxudicación das obras para a creación do campo da festa e pista polideportiva en Angrois e para o acondicionamento dunha zona de descanso para peregrinos, parque público e parque infantil tamén nesta parroquia compostelán. As obras comezarían a principios do vindeiro ano.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o convenio para a a execución do aparcadoiro de Pontepedriña.
A Xunta de Goberno aprobou o texto do convenio a subscribir coa Axencia Galega de Infraestruturas para a construción do aparcamento disuadorio de Pontepedriña.
COMERCIO
Arranca o Mercado do Nadal, que permanecerá na Praza da Quintana ata o 5 de xaneiro
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2014. Hoxe arranca o Mercado do Nadal na Praza da Quintana, que estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro e no que están habilitados 15 postos nos que rotarán un total de 65 comerciantes representativos dos produtos relacionados coas festas navideñas.