ALCALDÍA

O alcalde ve inxustificable que a cidade que recibe o 50% dos pasaxeiros e o 75% do turismo reciba o 26% dos fondos para os voos

29/12/2010

"O problema é que os esforzos se dispersan de modo inversamente proporcional aos resultados", indicou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito do reparto de fondos para as liñas de baixo custo realizada pola Xunta de Galicia. Na súa opinión, "non hai unha xustificación razoable" para que "o aeroporto que recibe a maior parte dos usuarios (un 49,5% a mes de novembro) e o 75% do turismo, reciba o 26% das axudas".

Leer más

CULTURA

Uxío Broullón gaña o concurso de carteis para Curtocircuíto 2011

29/12/2010

O concurso de carteis da imaxe de 2011 para o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, que convocou a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, xa ten vencedor. O xurado, composto por membros do Auditorio de Galicia e do equipo do Festival, premiou o traballo feito polo deseñador e ilustrador Uxío Broullón.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago restaura a balaustrada de pedra do Pazo de Raxoi

29/12/2010

O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, acaba de rematar unha intervención rehabilitadora na balaustrada da terraza do Pazo de Raxoi, edificio neoclásico situado na praza do Obradoiro e que, actualmente, é sede do Concello de Santiago, da Presidencia da Xunta e do Consello da Cultura Galega.

Leer más
Compartir: