URBANISMO
O Concello presentaralle a Defensa unha nova proposta para Bando
Á volta de Semana Santa, o Concello presentaralle ao Ministerio de Defensa unha proposta para desbloquear o tema da ubicación do campo de golf en Bando. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen recalcou o esforzo municipal por atopar "unha solución que satisfaga a todos".
ALCALDÍA
O Foro polo Civismo abordará á volta de Semana Santa as posibles actuacións municipais en relación ao botellón
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que, á volta de Semana Santa, se constituirá o Foro polo Civismo, no que se abordarán as consecuencias do botellón. O seu papel será importante nas decisións que, no ámbito municipal, se poidan tomar respecto a este fenómeno.
ALCALDÍA
O alcalde ve no vertedoiro de Miramontes unha oportunidade para adiantar o peche do de Aríns
Para o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a construción dun vertedoiro de residuos non perigosos en Miramontes, na parroquia de Grixoa, pode ser una oportunidade para adiantar o peche do vertedoiro de Aríns. A intención municipal era que se puidera acometer o selado deste en 2010.
CONSORCIO
Cantos sardos e música de Häendel no Festival de Músicas Contemplativas
Por primeira vez en España, un festival acolle a actuación do Sos Cantores, orixinarios da capital de Sardeña, Cagliari. Será o mércores 19, ás 20:30 horas, na igrexa de San Roque. E dúas horas máis tarde, no convento de Santa Clara, música de Häendel a cargo de The English Concert.