FESTAS
A chuvia non impediu que milleiros de persoas saíran ás rúas para participar no desfile do Antroido
As rúas de Compostela sentiron o espírito do Antroido grazas ao tradicional desfile de comparsas e carrozas, que congregou a milleiros de persoas polo centro da cidade. Máis de 30 comparsas e carrozas e multitude de disfraces (de grupo, parella e individuais) inundaron as rúas de cores e de música.
COMERCIO
Aberta a preinscrición para participar na segunda feira de saldos Compostela Outlet
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio organiza a II Feira do Comercio polo miudo que se celebrará no recinto de Amio baixo o lema Marzo, mes do Comercio. A información sobre o evento e as condicións de participación, que se está repartindo entre os estabelecementos composteláns, pode consultarse na web www.maiscompostela.org.
ALCALDÍA
O mar a través da visión surrealista de Urbano Lugrís
O alcalde de Santiago presidiu o acto de inauguración da exposición Textura de mar, de Urbano Lugrís Vadillo. Esta mostra encádrase no ciclo de exposicións individuais dedicado a artistas surrealistas a nivel internacional organizado pola Fundación Granell.
CONSORCIO
O Consorcio destina 450.000 euros para un novo proxecto de iluminación da Alameda
A Comisión Executiva do Consorcio, presidida polo alcalde e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou iniciar o proxecto de intalacións eléctricas e de alumeado público na Alameda por un importe de 450.000 euros. Este proxecto, que supón unha mellora no rendemento enerxético, adecuándoo ao cumprimento da normativa de aplicación en materia de aforro enerxético e contaminación lumínica, foi distinguido polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) cunha...