CIDADE

Os Concellos de España reclaman unanimemente o seu protagonismo na sociedade

15/04/2005

O vindeiro 19 de abril todos os concellos do Estado celebrarán plenos extraordinarios co obxectivo de referendar a Carta de Vitoria, un decálogo de medidas que subsanen o actual esquecemento das corporacións democráticas por parte tanto da Admistración central como das administracións autonómicas, e esixir o pago da denominada "débeda histórica".

Leer más

CULTURA

O Ballet Galego Rei de Viana estrea "Lumieira"

15/04/2005

Pasado e presente fúndense nesta produción, que na súa primeira parte revisa e actualiza algúns dos bailes máis exitosos da compañía no seu medio século de traxectoria, mentres que dedica un segundo acto a presentar as novas coreografías que se incorporan este ano ao repertorio do Ballet. Poderemos velo o sábado 16 e o domingo 17 ás 21 horas no Auditorio de Galicia.

Leer más

EDUCACIÓN

Unha mañá cos bombeiros de Santiago

15/04/2005

Corenta e oito nenos de educación primaria do Colexio A Milagrosa visitaron o venres 15 de abril o Parque de Bombeiros. Esta actividade insírese dentro do programa de visitas didácticas que organiza o Departamento de Educación os xoves e venres de cada semana.

Leer más
Compartir: