PREMIO DE EUROPA

Santiago celebra o 20 aniversario da concesión do Premio de Europa e os 50 anos da creación deste galardón

30/06/2005

Cento cincuenta membros do Consello de Europa, trinta e cinco deles parlamentarios de practicamente todos os países da Unión Europea e vintecinco representantes das cidades premio de Europa, boa parte deles alcaldes, asistirán o venres 1 e o sábado 2 de xuño aos actos conmemorativos do 50 aniversario do Premio de Europa e o 20 aniversario da concesión deste galardón a Santiago de Compostela.

Leer más

EDUCACIÓN

Comeza a Escola de Verán

28/06/2005

Os colexios Pío XII, Monte dos Postes, Quiroga Palacios e Colexiata de Sar acollerán nesta edición as catro horas de actividade diaria á que poden acudir os pequenos de ata 12 anos durante os días 28, 29 e 30 de xuño e 1, 4 e 5 de xullo. Conciliar a vida laboral coa familiar é un dos obxectivos do programa.

Leer más

PATRIMONIO

Comeza a cuarta campaña arqueolóxica no Castelo da Rocha

28/06/2005

A Universidade de Santiago de Compostela, coa cofinanciación do Consorcio e do Concello compostelán, inicia a cuarta campaña de traballos arqueolóxicos na fortaleza da Rocha, para avanzar no obxectivo último de consolidar o castelo e integralo no rico patrimonio cultural e turístico da cidade.

Leer más
Compartir: