UMAD e Benestar Social

Continúa a campaña de deshabituación tabáquica "Cortar cos malos fumes"

29/12/2005

A inminente entrada en vigor da "Lei de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco", máis coñecida como Lei de prevención do tabaquismo, estabelecerá, entre outras medidas, a prohibición de fumar nos centros de traballo.

Leer más

ALCALDÍA

Actos da Traslación dos restos do Apóstolo Santiago

29/12/2005

A Catedral acollerá o 30 de decembro os tradicionais actos da Traslación do Apóstolo Santiago tendo nesta ocasión como Delegado Rexio ao xefe da Casa Real, Alberto Aza Arias.

Na cerimonia participarán o Presidente da Xunta , Emilio Pérez Touriño; a Presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras e o alcalde de Santiago, X. Sánchez Bugallo, entre outras autoridades.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Dezasete coros composteláns celebran un encontro de Nadal no Auditorio

26/12/2005

Representar a actividade cultural que se desenvolve nos centros socioculturais da cidade é un dos obxectivos do VII Encontros de "Coros no Nadal". A concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coa Escola de Música Berenguela e co ximnasio San Clemente, oragniza por séptimo ano consecutivo o encontro de corais "Cancións de Nadal" que terá lugar no Auditorio de Galicia os días 28, 29 e 30 de decembro a partires das 20.15 horas.

Leer más

CULTURA

Zarzuela en torno ao Quixote con Felipe Bou e Keneddy Moretti

23/12/2005

O V Festival de Zarzuela continúa co baixo Felipe Bou e o pianista Kennedy Moretti, en torno á figura de Don Quixote, a piques de rematar o cuarto centenario da novela cervantina, con pezas de Ravel, Ibert, Massenet, Verdi, Gomes, Vives e Sorozábal. O concerto terá lugar o día 27 de decembro ás 21 horas no Teatro Principal.

Leer más

ALCALDÍA

Recepción cidadá na Casa do Concello

23/12/2005

O 23 de decembro,a Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal, á que estaban convidadas arredor de setecentas persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.

Leer más

TRÁFICO E URBANISMO

Fomento prevé actuacións en O Eixo e na rotonda de Conxo

23/12/2005

A construcción de dous novos pasos peonís aumentará a seguridade vial nun punto tan conflictivo como O Eixo. Este proxecto foi licitado polo Ministerio de Fomento xunto co proxecto para a transformación de glorieta de Conxo, no vial de Antonio Fraguas, para permitir un acceso máis doado aos novos polígonos de vivendas de Volta de Castro
e ao Hospital Provincial.

Leer más
Compartir: