TURISMO
O 2014 xa é o mellor ano da historia do aeroporto de Santiago en pasaxeiros en conexións internacionais
O aeroporto de Santiago xa superou en setembro o seu máximo histórico de pasaxeiros nas súas conexións internacionais regulares, que se alcanzou o ano pasado con 350.579. Entre xaneiro e setembro, as conexións internacionais do aeroporto moveron 362.364 pasaxeiros, un 32,10% máis que no mesmo período do ano anterior.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova edición das Xornadas Micolóxicas no Centro Sociocultural de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo, en colaboración coa Asociación Micolóxica Pan de Raposo ten preparada para esta fin de semana unha interesante actividade estacional orientada á información e divulgación das propiedades dos cogomelos, da súa recollida e do tratamento da súa posible toxicidade. A participación nestas Xornadas é de balde.
CULTURA
Teresa Nieto, Premio Nacional de Danza, presenta "Petit Comité" en Compostela dentro do ciclo Teatro & Danza
O programa Teatro & Danza 2014 ofrece neste mes de outubro dous espectáculos de danza contemporánea: Petit Comité, de Teresa Nieto en Compañía, este mércores, e Best of you, da compañía catalá La Intrusa, o 29 de outubro.
CONSORCIO
Moi boa acollida á Real Filharmonía de Galicia na súa xira de concertos por León, Pamplona, Santander e Burgos
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) realizou a semana pasada unha xira que a levou polas cidades de León, Pamplona, Santander e Burgos. A orquestra ofreceu un total de cinco concertos no Auditorio Cidade de León, no Palacio Baluarte de Pamplona (dúas actuacións), no Palacio de Festivais de Cantabria (en Santander) e no Fórum Evolución de Burgos.
CULTURA
"Ukelele Kit Project": intervención artística, música e vídeo arredor do ukelele
A concelleira de Cultura, María Antón, inaugura este mércores a mostra ‘Ukelele Kit Project’, unha exposición colectiva e multidisciplinar na que participan preto de 30 creadores galegos ou vencellados a Galicia e que xira arredor do ukelele. Será ás 20:00 horas na Zona C e a concelleira estará acompañada pola comisaria da mostra, Matilde Rodríguez.
TURISMO
A concelleira de Turismo asistiu á apertura do Curso Superior de Sumiller Profesional
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu na Cidade da Cultura ao acto de apertura do Curso Superior de Sumiller Profesional 2014-15, organizado polo Instituto Galego do Viño. O evento estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez,
ECONOMÍA
O Cersia acolle unha xornada sobre as novas bonificacións á Seguridade Social para empresas por persoal investigador
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, presentou a Xornada "Bonificacións á Seguridade Social por persoal investigador: entrada en vigor", impartida por EQA (entidade certificadora acreditada por ENAC) e que se celebrará no edificio Cersia este mércores, 15 de outubro, entre as 11:00 e as 13:30 horas. Javier López, responsable de EQA en Galicia, explicou os detalles desta sesión, dirixida fundamentalmente a centros tecnolóxicos, clusters e PEMES innovadoras.
ALCALDÍA
O alcalde fai un chamamento á unidade das forzas económicas e sociais da cidade na defensa das infraestruturas pendentes
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou na reunión do Foro Cívico Empresarial, celebrada na sede da Cámara de Comercio. Tivo a oportunidade así de detallarlle aos presentes o actual estado das diversas infraestruturas pendentes na cidade e fixo un chamamento á unidade e á responsabilidade das forzas económicas, políticas, sociais, académicas e profesionais da cidade na defensa, dende unha perspectiva realista, das infraestruturas pendentes da cidade.
CULTURA
As arpistas Frédérique Cambreling e Bleuenn Le Friec protagonizan a estrea en España de "Freud", de Karlheinz Stockhausen
As arpistas Frédérique Cambreling e Bleuenn Le Friec protagonizan a estrea en España de Freude, unha obra concibida por un dos grandes mestres da vangarda musical da segunda metade do século XX: Karlheinz Stockhausen. Será este martes 14 de outubro, a partir das 20:30 horas, na igrexa da Universidade, nun concerto baixo o título Freude_Stockhausen: "alegría" para dúas arpas. A entrada ao concerto será de balde, previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de 18:00 a.../em>
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Alumnos da USC realizarán unha actividade docente na Finca do Espiño
Cento dezasete alumnos de cuarto do Grao en Bioloxía da USC realizarán durante catro días un inventario forestal das especies que se atopan na Finca do Espiño.