RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Santiago-Une cumpriu cos obxectivos de crear unha rede de cidades e de dinamizar a idea de Europa entre os cidadáns

09/12/2010

O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, fixo balance das accións realizadas no marco do programa Santiago-Une, acompañado polo conselleiro técnico da Subdirección General de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas do Ministerio de Cultura e responsable do Punto de Contacto Ciudadanía, Augusto Paramio. Destacou o papel deste proxecto para "dinamizar a idea de Europa entre os cidadáns".

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio e o Cabildo traballarán xuntos na xestión da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral

09/12/2010

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o deán-presidente do Cabildo da Catedral, José María Díaz, asinaron o protocolo de colaboración que permitirá que ambas institucións traballen xuntas na xestión da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago, que se celebrará en 2011.

Leer más

CULTURA

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán trae catro espectáculos ao Principal

09/12/2010

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou en rolda de prensa o IX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán e a gala X Aniversario de FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), acompañada de dous representantes da Federación, Manuel Dasilva e José León, ademais do director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Adxudicado o subministro de mobiliario para a ludoteca de Fontiñas

07/12/2010

A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, a adxudicación do subministro de mobiliario para a Ludoteca de Fontiñas, para o Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio a Empresas (CERSIA) e para o Centro Xove de Creación Cultural. Tamén se impuxeron penalizacións por retrasos nalgunhas obras de reurbanización e puxéronse en marcha algúns dos programas tradicionais do Nadal.

Leer más

ALCALDÍA

Novo firme para Sarela de Arriba

05/12/2010

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenteulle aos veciños e veciñas da Peregrina o proxecto de reforzo do firme da vía pública no lugar de Sarela de Arriba. Acompañouno nesta visita o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama.

Leer más

CIRCULACIÓN VIARIA

Un novo sistema móbil para os axentes mellorará a xestión das sancións viarias

03/12/2010

A concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, presentou un novo sistema móbil, a través de PDA e dunha pequena impresora, que permitirá unha xestión máis eficaz das sancións viarias. Con estes instrumentos e un software específico, os axentes poden remitir a unha base centralizada do Concello os seus boletíns de denuncia e tamén imprimilos.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde constata tras 25 anos como Patrimonio da Humanidade un Casco Histórico "rehabilitado, vivo e competitivo"

03/12/2010

Cando se cumpren 25 anos da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (4 de decembro de 1985), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou de "extraordinario", o balance deste período. Os principais indicadores da evolución da Cidade Histórica nesta etapa son recollidas nunha publicación editada polo Consorcio de Santiago.

Leer más

CULTURA

Chega o Nadal cunha exposición de Korda e unha ampla oferta musical

03/12/2010

O director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentou a programación cultural de decembro e xaneiro en substitución da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde. Unha oferta que está protagonizada pola exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara, que estará do 22 de decembro ao 27 de marzo no Auditorio de Galicia.

Leer más
Compartir: