EDUCACIÓN

Un paseo matemático por Compostela

07/05/2008

Co motivo da celebración o 12 de maio do Día Escolar das Matemáticas, a Concellería de Educación e a Asociación Galega de Profesores de Educación matemática (AGAPEMA) organizan un "Paseo matemático guiado pola cidade de Compostela". O paseo realizarse o xoves 8 de maio, ás 18:00 horas.

Leer más

EMPREGO

O 57% dos usuarios do Proxecto Crear IV está a traballar

06/05/2008

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os resultados do Proxecto Crear IV, que comezou en xuño do 2007 e rematou o 30 de abril do 2008. 114 dos 200 usuarios do programa están traballando neste momento, o que representa un 57% do total de participantes.

Leer más

ALCALDÍA

Qu Fu quere crear en Santiago un instituto para o ensinanza do chinés

05/05/2008

Unha delegación da cidade chinesa de Qu Fu foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión, o rexedor da cidade asiática, Liu Sen, propuxo a creación en Santiago dun Instituto Confucio, para impulsar a ensinanza do chinés e o fomento da cultura deste país.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concello promove o uso do galego entre os máis novos no mes das Letras

05/05/2008

A Concellería de Normalización Lingüística pon en marcha a campaña Maio das Letras, co obxectivo de promover o uso do galego entre os máis novos. Aprovéitase así o mes no que se celebra o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este 2008 dedicado ao escritor, arqueólogo, investigador e editor Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985).

Leer más
Compartir: