CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica a mellora do sistema de ventilación e a limpeza do lousado da capela do Cristo de Conxo
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de mellora do sistema de ventilación e limpeza do lousado da capela do Cristo da igrexa de Santa María de Conxo, co fin de eliminar o seu escurecemento húmido, por un importe global de 67.215,15 euros. A empresa beneficiaria é Construcciones Abal, S.A. Prevese un período de execución de catro meses.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "O gabinete do Doutor Caligari"
No marco da 32ª edición do festival Cineuropa, este mércores, 14 de novembro, proxectarase o filme O gabinete do Doutor Caligari, de Robert Wiene. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. De maneira simultánea á proxección desta película muda, a Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a súa banda sonora. A batuta levaraa o director alemán experto en cinema mudo Helmut Imig. Substituirá ao mestre Timothy Brock -autor ademais da música que tocará a.../em>
CONSORCIO
A recoñecida trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre formará a músicos/as galegos/as noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza da prestixiosa trompista norueguesa Frøydis Ree Wekre, que formará tanto aos/ás estudantes da Escola como a alumnado externo interesado en perfeccionar a súa...
ACCIÓN CULTURAL
Chegan a Cineuropa os novos traballos de Lars von Trier e Carlos Reygadas
Ás 20:00 h da noite do martes, no Teatro Principal compostelán, aterrará o novo desa cita indiscutible deste festival que é o cinema do dinamarqués Lars von Trier. A casa de Jack é a historia dun psicópata protagonizada por Matt Dillon e Uma Thurman que Von Trier utiliza para plasmar unha serie de reflexións sobre a arte e a moral.
ALCALDÍA
Continúan as actividades de "Compostela Ilustrada"
Os espazos máis singulares da cidade seguen acollendo as actividades do III Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Nesta xornada, o pintor e deseñador Javier Mariscal participou no evento e foi saudado polo alcalde, Martiño Noriega, nos soportais do Museo das Peregrinacións e de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
O novo de Erik Poppe, Desiree Akhavan e Lúcia Murat, entre as grandes citas deste domingo en Cineuropa
O peor día da historia recente de Noruega tivo varias adaptacións cinematográficas nos últimos meses, entre as cales, sen dúbida, salienta a de Erik Poppe. Con Utøya 22. Juli (exhibida no Teatro Principal ás 17:45 h) o cineasta logra atrapar sen remedio ao público, que asiste a ese horror tan trepidante como abafador sen poder apartar a mirada.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación da pasarela de conexión do CEIP das Fontiñas
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de licitación da pasarela que conectará os dous edificios do CEIP das Fontiñas. A actuación custará case 125.000 euros e terá un prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA
O alcalde participa na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, celebrada na localidade navarra de Estella-Lizarra. Previamente celebrouse a reunión da xunta directiva, na que Santiago ten a única vogalía permanente.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Cineuropa a Palma de Ouro de Cannes: "Un asunto de familia"
O cinema do veterano Hirokazu Kore-eda volve a este festival coa Palma de Ouro de Cannes entre as súas mans. Un asunto de familia (que se proxectará ás 18:00 h no Teatro Principal) é, sen dúbida, o mellor Kore-eda dos últimos anos, unha película viva e corrosiva —con moito do cine de pícaros de Berlanga ou Ferreri—, sobre as singulares ocupacións dunha familia aparentemente convencional.
IGUALDADE E MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga acolle unha mostra de banda deseñada para concienciar sobre as violencias machistas na adolescencia
As concelleiras de Igualdade e de Mocidade, Marta Lois e Noa Morales, visitaron hoxe a exposición de banda deseñada da artista María Álvarez "Yupiyeyo". Trátase dunha acción levada a cabo por ambos departamentos ao abeiro da campaña En negro contra as violencias.