CONSORCIO

Unha nova publicación recorda a vida das monxas de San Paio entre 1499 e 1899

10/01/2007

"Informaciones de las monjas que habitaron en el Monasterio de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela desde 1499 á 1899" é o título do libro dunha nova publicación do Consorcio de Santiago, obra de Madre María Mercedes Buján Rodríguez, gran coñecedora dun dos arquivos más ricos da cidade. Nel presenta a orixe, a vida e a linaxe das monxas que pasaron por este mosteiro, moitas das cales pertenceron ás máis nobres familias da fidalguía galega do momento.

Leer más

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro para rir de medo no Principal

09/01/2007

A compañía Berrobambán presenta a obra de teatro escolar "Buh!¿quen non pasou unha noite de medo?", á que poderán asistir os nenos composteláns durante nove días de xaneiro. Unha proposta para que os rapaces de primaria xoguen co medo e fagan del unha ferramenta positiva.

Leer más

URBANISMO

O novo campus docente de Peleteiro, para 2009

08/01/2007

Tal como anunciara o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a Xunta de Goberno local aprobou inicialmente o Plan especial do equipamento docente no Monte Redondo (D-19), do Colexio Manuel Peleteiro. Nestes terreos, entre a estrada C-541 (Santiago- A Estrada) e a autovía de Santiago a Ourense, construiranse unhas instalacións que custarán 21 millóns de euros e estarán listas, previsiblemente, para os primeiros meses de 2009.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

Obras de saneamento e abastecemento de augas por máis dun millón de euros

08/01/2007

A Xunta de Goberno local aprobou o convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Santiago para a execución de diversas obras de saneamento, depuración de augas residuais e abastecemento de auga en diferentes lugares e parroquias de Santiago. Esta actuación conta cun orzamento de 1.051.630 euros.

Leer más

INFRAESTRUTURAS

A Rúa Nova de Abaixo únese ao novo modelo de urbanización do Ensanche

08/01/2007

O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, anunciou a aprobación do proxecto e do prego de cláusulas para as obras de reurbanización da Rúa Nova de Abaixo. Esta actuación, que seguirá o modelo estético e funcional das últimas rúas reformadas no Ensanche, suporá un investimento de 997.318 euros.

Leer más
Compartir: