TURISMO
Santiago(é)tapas comeza este xoves con máis dun cento de tapas a concurso
Santiago(é)tapas celebra a súa undécima edición con 68 locais participantes, que presentarán 101 tapas a concurso entre o 15 de novembro e o 2 de decembro. Esta edición do concurso de Tapas de Santiago, coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela e co patrocinio principal de Mahou, ten importantes novidades, entre as que destaca que terá unha gran final, na que participarán 10 tapas finalistas.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Xornada Profesional da Maker Faire Galicia acolle o mellor da Industria 4.0
A Maker Faire Galicia, a maior feira de inventores e inventoras, dedica por segundo ano consecutivo unha xornada dirixida unicamente ao sector profesional, na que contará con referentes a nivel internacional no ámbito da innovación. A cita terá lugar na mañá do 23 de novembro, de 9:00 a 16:00 horas, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A poesía, protagonista da XV edición do Simposio "O libro e a lectura"
"Poesía, a luz apagada?" é o lema do simposio sobre o libro e a lectura que organizan en novembro a Concellaría de Educación e Cidadanía e a Asociación Galega de Editoras, en colaboración con CEDRO e a Xunta de Galicia. O encontro O libro e a lectura alcanza así a súa edición número 15, que se celebrará na mañá e tarde do xoves 15 de novembro e durante a mañá do venres 16 no auditorio do Consello da Cultura Galega.
EMPREGO
Máis de mil persoas inscritas e 360 ofertas de traballo en Talentia 2018
Esta mañá botou a andar, no Palacio de Congresos, o espazo aberto polo emprego Talentia 2018. No evento están inscritas 1.150 persoas, e xestionaranse 360 postos de traballo. O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Emprego, Marta Lois, encabezaron esta mañá unha visita institucional ao espazo.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en maio o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia
Santiago acollerá en maio de 2019 o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, organizado pola Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. O alcalde reuniuse hoxe cunha delegación desta entidade, encabezada polo seu presidente, Antonio Fernández-Pro Ledesma.
ACCIÓN CULTURAL
A memoria é presente este mércores en Cineuropa
Cineuropa propón este mércores ata oito filmes que reflexionan sobre a importancia da memoria para a construción da identidade individual e colectiva. Esta idea cruza de xeito transversal a liña programática desta xornada, abranguendo filmes de seccións aparentemente tan dispares como Cinema e Dereitos Humanos, Sección Oficial Internacional ou O presente é muller.
CONSORCIO
Este mércores remata o prazo para que nenos/as de 5 a 14 anos se inscriban no curso de corda da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos e pequenas. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos/as, centrado nesta ocasión nas especialidades de violín e violoncello. As clases comezarán en novembro e prolongarase ata o mes de maio de 2019.
ALCALDÍA
O alcalde participa na Comisión Executiva da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na reunión da Comisión Executiva da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, celebrada na Oficina de Atención ao Peregrino de Carretas. A xuntanza estivo presidida polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e tiña como obxectivo definir as liñas estratéxicas do vindeiro Ano Santo.
IGUALDADE
Asinado o protocolo de colaboración para a campaña "En negro", na que participan 102 concellos e 3 deputacións
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a sinatura do protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña En negro contra as violencias, que este ano chega a 102 concellos e a tres deputacións provinciais.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese coa directiva do Ateneo
O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a directiva do Ateneo de Santiago, nunha xuntanza que tiña como obxectivo coñecer a programación de actividades da asociación para o vindeiro ano. Martiño Noriega comprometeuse a estudar vías de colaboración coa entidade.